Archivo de enero, 2008

Empregando a SMARTBoard.

Pois xa temos o EDI na aula e estamos preparando algunha cousiña para que vexades como traballan os rapaces, a grandísima vantaxe é que sen o EDI non poderían acceder a estes contidos (non manexan o rato), agora SÍ empregan o ordenador e todo o que hai nel e ademais dun xeito moi moi intuitivo e doado de empregar polos mestres.

Apertas, Felo

xiz

As Pizarras de xiz…

xiz… se van todas a la basura!!!

A verdade é que a tecnoloxía en xeral, na realidade traducese en que serve moito para os traballos burocráticos dos mestres coma informes, programacións, o adicto ao powerpoint que hai en todolos centros… pero pouco para o emprego directo cos alumnos dentro da aula elaborando materiais digitais e obxectos de aprendizaxe,

No meu cole, grazas a chegada do EDI xa estamos a traballar con el dentro do aula, e sobre todo as novas estratexias que posibilitan non so o encerado senon o software, que non precisa grandes coñecementos informáticos para insertar unha imaxe, vincular un son, unha animacion, cambiar as propiedades, etc. etc, Agora no resto das aulas estan sacando as pizarras de tiza para facerlle sitio ao EDI

Coido que a grandes liñas poderia decir que o EDI tamén elimina a “barreira” tecnolóxica que tiñan/teñen os profes no emprego do ordenador. As novas estratexias que dicia que trae consigo o software, pasan por que o rapaz “aprenda facendo” e que se quere ter na pantalla un oso… vai a ter que ser él o que introduza o oso. Se quere que o seu amigo panda coma un bambú, vai ser él quen lle leve o bambú ao panda (ollo, que non o arbusto, nin as follas de loureiro, se… etc etc), se quere que ao premer no panda se escoite… vai ter que ser el… e así vaise construíndo unha aprendizaxe e un diálogo na que os alumnos traballan xuntos coa axuda/supervision do mestre pero son os propios alumnos os construtores…

Xa estamos a gravar aos nosos artistas para que os vexades en accion!!

Apertas interactivas, FeloСувенири

Vino por USB vs WIImote/PDI

Despois de tanta resaca post WIIMote/PDI das anteriores entradas un compañeiro pásame o remedio por si non damos feito o famoso boli ou non tira o devandito Bluesoleil.

[kml_flashembed movie="http://es.youtube.com/v/CRL1SeTJ1rk" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Realmente funciona!!! :)
Un paso máis para a web 3.0ú, 4.0ú, 5.0ú…

WII e Pizarra Dixital…”Estantes valeiros…”

estantes valeiros
Eso seica é o que estar a pasar en tódalas tendas galegas, o outro día houbo que levar dúas wiimote a Ferrol e hoxe arrincar coas que quedaban, en fin… será porque foi o regalo estrela deste Nadal, non? ;)

Analfabetos Multimedia?

Vexo en Laxarxa os seguintes vídeos que falan por si sós:


Enquisa
Cargado por laxarxa

¿Estamos ante un novo analfabetismo?

Visible Body, o Google Earth do corpo humano

Visible BodyLeo nas miñas bitácoras favoritas un fantástico recurso para o Encerado Dixital Interactivo ou Pizarra Dixital. Visible Body , increible e inmersiva plataforma sobre o corpo humano a modo de Google Earth, aparellos, sistemas, órganos….so fai falla rexistrarse de balde. Imprescindible!”!!!

WIIMOTE e Pizarra Digital no CEIP de PALMEIRA

Moito se esta a falar na rede sobre sacarlle o maior proveito as novas tecnoloxías ao menor custo, e de iso saben moito os nosos compañeiros do CEIP de PALMEIRA, que “enarbolados” cun mando WII, e con destreza e creatividade, crearon un soporte dixital interactivo lowcost, a orixe da experiencia esta a cargo de Johnny Chung Lee pero a iniciativa educativa e dese Equipo de Novas Tecnoloxias (ENTE) de devandito centro Galego.
O increíble de todo, e que comparten dunha maneira maxistral toda a súa labor, dende a súa páxina.

Para exemplo o vídeo da súa posta en práctica.
[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/-R0cms89gJs" width="425" height="350" wmode="transparent" /]
Grazas Compañeiros/as por espallar a vosa experiencia!!!

P.D. Outro compañeiro, J. Fonoll, co cal temos colaborado realizou unha experiencia parecida só cunha webcam, análoga a experiencia de Juan Roldán.