Archivo de marzo, 2009

Preinscrición II Premios EDIGa


premios

Read this doc on Scribd: programa ediga08

Para participar nos Premios e na Xornada do 15 e 16 de maio (en breve o programa de experiencias e obradoiros) debes darte de alta neste formulario:

Preinscripción do Proxecto
%%wpcontactform%%
Data límite de entrega: 11 maio 2009
Envío material:

A/A Grupo EDIGa
Rúa do Concello 14
Ponteceso – A Coruña
CP:15110

>——————————————————–<

Lugar/Data da entrega premios: Facultade de Ciencias da Educación – Universidade de A Coruña/15 e 16 maio 2008

MODALIDADES:

CATEGORIA A) Materiais Didácticos (deseño de unidades didácticas e materiais curriculares) en notebook

CATEGORÍA B) Boas prácticas co manexo do EDI / Experiencias Innovadoras

CATEGORIA C) Mellor desenvolvemento de EDIexperiencias de aula no blog
(crear un blog dentro de EDIGA BLOGS)

Organizan:

Patrocinadores:

Colaboradores:

tadeguita
www.opengal.es

Plan Ceibal

Isto é asi?

Di un artigo da Voz de Galicia de hoxe que “o reto da educación do século XXI é o acceso dos alumnos ás Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC)”; porén, prosegue, “este camiño non transcurre polos videoxogos, as redes sociais e os correos electrónicos”, (unha ampla parte das novas tecnoloxías que os nosos adolescentes xa dominan á perfección), senón pola aplicación de todas as posibilidades que ofrece a Internet 2.0 á súa formación, unha tarefa que está máis ben na man dos mestres e educadores deste país que na súa propia.
Que se precisa? Pois segundo as verbas do autor do artigo, “un pouco de iniciativa, un chisco de formación e algo (só algo) de diñeiro”.

Isto vén a conto porque ao parecer, o 95 por cento dos colexios e institutos xa están “completamente cableados” con Rede ou ADSL e aínda así, os alumnos e alumnas do noso país seguen sen empregar os ordenadores de xeito habitual para o estudo das súas asignaturas.
Por norma xeral, os ordenadores dos centros de ensino soen estar ubicados exclusivamente nas aulas de informática e só 1 de cada 8 institutos e colexios conta con máis de dez ordenadores distribuídos polas aulas ordinarias para o seu uso educativo.

‰ por isto que as autoridades responsables reclaman unha meirande preparación teórica do uso das TIC aplicadas ao ensino e que estas non se limiten á procura de información como vén sendo habitual entre o profesorado do noso país.

Nova na Voz de Galicia

Centrosdofuturo.gal

avila

As visionarias e visionarios, anotade para os próximos rexistros de dominios…

“Implantar as TIC é imposible sen un claustro disposto (…) tocoulle facer campaña entre compañeiros escépticos. Hainos de todas as idades, veteranos que non entenden e novos que tampouco. Tamén é importante un labor divulgadora cos rapaces: “Facerlles tomar conciencia de que o computador non é só para xogar, que é unha ferramenta de información e aprendizaxe moi potente que han de saber utilizar”.

E, polo flanco dos pais, tirar das TIC para mellorar a comunicación: este curso, familias e titores estarán conectados a través do correo electrónico. Isabel, profesora de xeografía e historia, admite que para os mozos resulta moito máis atractivo enchufar a PDI e ver nun mapa o avance de Napoleón ou dos nazis que escoitar a súa explicación sen máis. “O visual engancha”, sentenza. Os seus alumnos elaboran mapas das paisaxes agrarias utilizando Google Map e manteñen un punto de encontro en liña da materia, ao que se accede por contraseña.

Tamén teñen portátiles, ainda que non asinan contratos con microsoft e PDI’s… etc etc… vaia, mellor o ledes vos mesmos: ;)

http://www.elpais.com/articulo/educacion/Bienvenidos/centro/futuro/elpepusocedu/20090302elpepiedu_3/Tes