Archivo de octubre, 2010

Xogos na aula

Quebracabezas e xogos de intelixencia

Leo na folla parroquial da Coruña que os videoxogos de quebracabezas e os problemas de intelixencia melloran o noso cerebro, segundo demostraron científicos da Universidade Autónoma de Madrid, a Universidade Complutense, a Fundación CEN (Centro de Investigación de Enfermidades Neurológicas) e a Fundación Reina Sofía.

Xogamos?
Pois contamos con sinxelos recursos galegos neste eido para construir un material práctico na aula, xogos de mesa de preguntas e respostas tipo Trivial.

Os primeiros comezos nista andaina, o supuxo o programa Formula 20 (Fran Macías) , que permitia facer unha xira de preguntas co taboleiro dunha pista de carreiras… istes e outros experimentos, finalizaron na presentacion do proxecto Xogamos? (Xose Antón Vicente, Felo Couto e Fran Macías), baixo o que se agrupan unha serie de recursos informáticos dedicados a creación de xogos de pregunta-resposta. Mirade unhos exemplos:

Matemáticas 1º Ciclo.

Os instrumentos musicais.

O mundo do cómic

Ligazóns:

liml

Libro Colaborativo LIM

Ti xa sabes que LIM (Fran Macías) é unha ferramenta ideal para empregar no EDI, moi áxi le lixeira e que nos permite crear rápidamente contidos adaptados aos nosos alumnos visibles somente cun navegador.

E QUERES PARTICIPAR NA CONSTRUCION DUN LIBRO ENTRE TODA A COMUNIDADE??

- Obxectivo: construir colaborativamente una UD, actividad temática… xa que LIM é unha ferramenta aberta.

- Duración: Todo o curso escolar e, segundo a data, escoller o Samaín, o Outono, os dereitos humáns, a paz, a muller traballadora, a semana da prensa, o día do libro, a saúde, Galicia, Europa, as Letras Galegas, dia mundial do ambiente… (queres propoñer outro tema?. Deixa un comentario coa túa proposta.)

- Quero participar, como fago?

É moi doado, na seguinte presentación tes todos os pasos:

Libro colaborativo LIM