Archivo de noviembre, 2010
Traballando co Micro…
21 nov
O uso do micro como soporte confírenos unhas posibilidades enormes a hora de traballar/ interactuar de xeito diferente cos equipos tecnolóxicos, así pois podemos destacar unha serie de aplicacións interesantes para exprimir as súas posibilidades como:
- Na Logopedia/Audición Linguaxe: A nosa compañeira Tamara Freire (Especialista A.L) nos propón unha serie de aplicacións e xogos moi recomendables para traballar a intensidade e duración da voz co alumnado; así mesmo a compañeira Consuelo Belloch fainos unha escolma das aplicacións máis utilizadas na Fonoloxía.
- Cooperativa/Lúdica: A dimensión máis lúdica e cooperativa de mencionado soporte a temos con emuladores de karaokes adaptados a todas as idades como e o caso de Ultrastar.
- Control por voz: Os Sistemas Operativos por defecto soen traer aplicacións interesantes como o “Narrador” e o “Recoñecedor de voz” (Apartado Accesorios>Accesibilidade) no caso de Windows e outros derivados así como PearlBox e outros para Linux.
- Web: As aplicacións web tamén se prestan a exprimir ao micro, dende karaokes coorperativos en liña (Karaoke party) onde teñen cabida centros, escolas e comunidades, audiomails con vocaroo ou debuxo con voz con Voice-Draw.
- Eventos/Congresos: Atentos haberá que estar ante vindeiro Congreso sobre Videoxogos e accesibilidade (2-3 decembro 2010 // Barcelona) onde o micro como soporte (e outros trebellos) e as súas posibilidades de uso soen ter moito que dicir.
Para mostra un xogo ![]()
Music Hero…emprende coa Música.
17 nov
Da man da Junta de Andalucía cheganos un programa educativo para emprendedores denominado Music Hero, emprende o teu reto, que ten como obxectivo ofrecer aos mozos os instrumentos necesarios para impulsar o seu espírito emprendedor. Music Hero é un xogo de simulación e estratexia para desenvolver esas habilidades emprendedoras, de forma amena e lúdica.
Faladoiro EDIGa (Venres 12 – 18-19h) LIM
11 nov
Mañá venres comezamos no noso Videochat… quen se anima?
Temática: LIM (Libros Interactivos Multimedia)
Cando tes un ordenador para toda unha clase…Multiratos!!!
5 nov
A febre dos 1:1 (1 pc por rapaz) e da lascivia de aplicacións da web douscero fai que esquezamos axiña as posibilidades das aplicacións e periféricos máis discretos como pode ser o rato e as súas funcionalidades máis sinxelas… xa hai tempo que probamos a conectar varios ratos nun pc para ver que pasaba e darlle así sentido ao ordenador “Multirapaz” (PC Multichild
), xa que nos tempos que corren e cada vez máis necesario repensar as prácticas, soportes e aplicacións para un uso máis creativo e operativo.
As aplicacións multirapaz (Multirato) non son novas (os videoxogos/consolas/emuladores sempre deron e dan cabida a varios xogadores) e teñen unhas posibilidades enormes nos centros educativos que escasean equipos de calidade (ou equipos sen máis) . O uso colaborativo conxunto do equipamento xorde así máis por necesidade que por moda e este tipo de post xorden máis por facer terapia xestionar recursos que por caer no neohippismo apocalíptico trasnochado de botar pestes contra as administracións.
Con todo, hai vós van unha serie de programas e aplicacións onde conectar varios ratos (mouse, mice, points…) e traballar varios rapaces:
- Mouse Mischief: Engadido de balde para o Power Point que posibilita o traballo multirato. Aplicación de gran interese (a base e a creación de tarefas é o powerpoint de sinxelo manexo) e utilidade (confírelle multirapaz).
- My Mouse Games: Previa instalación dun plugin xa podemos fedellar nos seus xogos en liña.
- Teamplayer: Ferramenta Multirato (varios punteiros, un executa) con actividades predefinidas Mutipunteiro (varios punteiros executan).
- Kidpad: Paquete de xogos multirato do HCIL da Universidade de Maryland (Thanks Silvinne
)
- Amazing Concert: Aplicación musical ineresante; versión demo 5 ratos. (Demo)
- Scholastic Story Stage: Creación de contos colaborativos ao estilo kidpad. (Demo necesita rexistro )
- Multicreativity: Moi visual e creativa. (Demo necesita rexistro )
- Windows MultiPoint Mouse Software Development Kit: O SDK para facer trebellos admitindo de base ppts e silverlight.
- …(o teu?)
P.D.: estas e outras aplicacións a tes dispoñibles no noso repositorio de descargas:









