Archivo de diciembre, 2010
Non me amoles mamá. Estou aprendendo!!!
31 dic
4 anos xa do título tan iconoclasta “Don’t Bother Me Mom—I’m Learning!: How computer and video games are preparing your kids for 21st century success and how you can help!” chegan as nosas pantallas, al fin en boa calidade. Marc Prenski , Punset, 30 minutos por diante, videoxogos e innovación educativa.
http://www.rtve.es/mediateca/videos/20101205/redes-molestes-mama-estoy-aprendiendo/953666.shtml
Os 10 “comportamentos” dixitais…
29 dic
Seguindo a temática da ética e comportamento na rede
,
a plataforma 10comportamientosdigitales nos amosan materiais pedagóxicos descargables interesantes para o traballo na aula, así como unha guía metodolóxica baseada en pequenos obradoiros de uso e non abuso da rede centrados no “mantra”: “A túa responsabilidade é igual de real no virtual”.
É de recibo salientar tamén neste senso a última mesa redonda a cargo do CSI (Centro Seguridade Internet León ) o pasado 20 de decembro (Uso seguro y saludable en internet) e os excelentes e interesantísimos aportes do INTECO nesta materia que nos aportan un uso menos electrodoméstico, xusto no seu trysumerismo e un uso máis civilizado dos contidos da rede :
- Guía de menores en Internet para padres y madres
- Guía sobre las redes sociales, menores de edad y privacidad en la Red
- Guía para la protección legal de los menores en el uso de Internet
- Guía práctica sobre cómo activar y configurar el control parental de los sistemas operativos
- Guía de herramientas de seguridad para hogares
- Guía sobre ciberbullying y grooming
Farto do “Online Disinhibiton Effect”
29 dic
Ou…”Na rede ningúen sabe que eres un can”… Dun tempo a esta parte nalgúns foros, proxectos, listas e faladoiros “leo” unha certa desinhibición na participación na rede… e que leva a que persoas aparentemente morais se convirtan en auténticos imbéciles socialmente inaceptables nestas entornas. O “Flaming” non é novo, aínda que sí o é a total desinhibición de exibirse auténtico con salidas de tono e argumentos dicotómicos setenteiros e sentirse libre sen impunidade. Coido que é un problema crecente nas relacións a través das novas tecnoloxías (redes sociais e demais…) e que ten un compoñente de fallo neurofisiolóxico no córtex orbifrontal.
Este dato é un feito e estase estudando na actualidade, é o “Online Disinhibiton Effect”, unha licenza para ser soez; o psicólogo social Jonh Suler especifica as razóns:
As razóns do efecto “desinhibición”.
- O anonimato. Cando as persoas teñen a oportunidade de desvincular a súa conduta no chat do “mundo real” e da súa identidade, senten máis dispostos a abrirse e máis protexidos. Digan o que digan, non van ter que responsabilizarse por iso nin se relacionará co resto da súa vida. Prodúcese así unha “disociación”.
- A invisibilidade. Esta característica da sociedade virtual permite a todos introducirse en lugares e facer cousas que doutro xeito non serían capaces. Non existe a inquietude sobre o aspecto persoal e a voz nin hai que controlar a expresión da cara. Isto pode simular a postura dun psicoanalista que senta de modo que o paciente non poida observalo nin observar as súas reaccións. Deste xeito este sente capaz de revelar sen inhibicións os seus sentimentos e inquietudes máis íntimas.
- Asincronía ou reacción retardada. A comunicación en foros e mails é asincrónica. É dicir, non se realiza en tempo real. Este feito pode compararse a unha situación na que se di algo demasiado íntimo ou demasiado hostíl e sáese correndo para eludir unha resposta inmediata.
- Vemos o que queremos ver. A ausencia de sinais non verbais xuntamente co texto produce curiosos efectos. Asignamos características ao outro de acordo coas nosas expectativas, desexos e necesidades. A interacción faise fluída e desinhibida porque construímos na nosa mente ao noso interlocutor, polo que este termina sendo nosa propia creación.
- A nivelación do status. As relacións virtuais nivélanse en poder. Desaparece a figura ascendente ou de autoridade e establécense relacións igualitarias, de compañeirismo. Por esa razón, ninguén se cohíbe ao facer afirmacións transgresoras ou comportarse mal.
Coido que moitos/as as veces vemos o anel de Giges nisto da rede; será mellor, alomenos, poñer emoticonos ou darlle unha pensada máis ao escrito antes de premer o botón enviar.
Ou utilizar máis o botón descartar!!!.
BODY BROWSER..navegando polo corpo!
18 dic
Google presentou onte Body Browser, para navegar polo corpo humano.
Sen dúbidas Google sempre ten algo para presentar, e onte foi Body Browser, unha especie de Google Earth pero do corpo humano. Con esta herramienta podemos navegar por todo o corpo humano e coñecelo en profundidade.
Podemos ir visualizando o corpo a través de capas e rotándolo para ver dende todos os lugares, facer zoom, ver os nomes de cada parte del cuerpo, etc.
Un dos problemas que podemos ter ao tratar de acceder a Body Browser e a necesidade dun navegador compatible con WebGL e, , Chrome 9 e 10 soportano por defecto, en Chrome 8 é necesario activalo dendede about:flags, así que seguramente teremos que entrar con Chrome, en firefox habrá que esperar a Firefox 4 xa que deshabilitaron o about:config (filtro:webgl) na actual versión 3.6.13.
Dende o meu punto de vista creo que é una excelente ferramenta para a educación, xa que permite aos estudiantes coñecer e comprender o corpo humano dunha forma máis realista.
Dende hoxe…unha ferramenta imprescindible
Xogando co IPAD
13 dic
O usos das novas tecnoloxías nos aporta cada día un montón de novas experiencias. Neste caso estivemos traballando co IPAD.
O Ipad é moi parecido a un Encerado Dixital Interactivo pero en pequeno e ademais pódese tocar con todos os dedos á vez. Na nosa primeira experiencia fixemos algúns debuxos cun programa parecido ao tux paint, é resultou ser moi interactivo e fácil. Velaquí vos deixo algunhas fotos de como fixemos. Esperamos poder xogar con el moitas mais veces e contarvos mais experiencias moi pronto!
Os nenos/as de 3/4 anos de CEIP Os Casais







