Archivo de enero, 2011
7 plataformas de audio creative commons
29 ene
As nosas producións multimedia son mellores cun pouquiño de música ou algúns efectos de son non sí?.
Con normalidade nos atopamos co problema da legalidade e da propiedade desas producións sonoras o cal dificulta e crea certa inseguridade na súa utilización ao descoñecer as implicacións legais.
Desta maneira vese de interese amosar plataformas con audios, sons, música e efectos especiais cunha licenzamento axeitado para a súa utililización nas aulas sen impedimentos legais:
Sitios de Música
Jamendo
Jamendo é unha comunidade libre, legal e de música ilimitada baixo licenzamento CC. Podes atopar ou descubrir dentro das 280000 cancións algunha do teu interese.Free Music Archive
O arquivo de música libre é un unha biblioteca interactiva de alta calidade de descargas de audio.AudioFarm
Coma os anteriores temos audios/sons para descarga así como podcast de todo o mundo.CCMixter
É unha comunidade coa cal podes acceder a remezclas ou facer as túas propias todo baixo licenzamento cc.
Efectos de son
Soungle é un sitio gratuito de efectos de son con preaudio e descarga.
FreeSound
É unha base de datos colaborativa sobre sons . Necesitase rexistro para a descarga pero este e gratuito.Soundbible
É unha enciclopedia de clips de son gratuitos que se actualiza con regularidade
Ademais…
Non te esquezas do buscador Creative Commons : http://search.creativecommons.org/ grazas ao cal poderás atopar todo o multimedia que precises, de balde e sen problemas de autoría.
O CRA de Ponteceso sae na prensa defendendo as escolas do rural
27 ene
O pasado luns, 24 de xaneiro publicouse unha nova en “La Voz” onde as nosas compañeiras Rosa e Ivana defenden as escolas rurais, esas escolas onde o dixital é o natural, e o natural é o dixital. Botade unha ollada!
“Habería que pensar que, se as escolas rurais morren, o rural irá morrendo tamén” ROSA BARREIRO
“Son coma un panadeiro, pero o que levo é o inglés” IVANA GARCÍA



Dame, dame, dame… (BETT 2011-I)
18 ene
… dispositivos móbiles na aulaaaaaaaaaaaaa, ou algo así seguirían entonando Anni e Agnetha segundo o visto iste ano na Feira. Ás PSP e NDS in the classroom, engadímoslle moitos iPad e Tabletas con Android de Toshiba, Dell e un moi longo etcétera de marcas.
O salientable é que non só o trebello, senon moitas aplicacións (apps) de balde e de pago tanto no iTunes como no Market de Android, o que fan da tableta que sexa de 7 ou 10 polgadas, un recurso moi a ter en conta dentro da aula… sobre todo a personalizacion da aprendizaxe elixindo a app que se precise do market. Sí que se bota en falla unha Authoring Tool para iPad ou Android, pero seguro que é cousa de tempo, se ademais se consegue que a través dun iPad ou Android interactuemos co EDI xa temos todo listo.






