Resultados de la búsqueda para encontros
Inforensino dixit…
17 sep
A verdade que foron unhas xornadas interesantes e intensas; un xogo de porlle caras a persoeiros da rede…e unha sucesión de encontros e reencontros.
- Sekeirox e a súa Bitácora, grazas Carlos por unha ponencia “cristalina”.
- Fernando Fraga e o seu Squeak; moito pode dar de si ese gato-rato!!!.
- Andre Antibí e a súa constante macabra
- Apertas e parabens a nosa compañeira Belen Junquera ![]()
-…
- Ignacio López e as boas prácticas do GPS na Educación Física.
- Margarita Marín e os actuais paradigmas telemáticos do ensino tecnolóxico dixital comunicativo.
Sintesis refraneira do Inforensino:
1. “Fume e lume” Houbo no Inforensino tal como dí un compañeiro bombeiro.
2. “Entre cuncas anda o xogo” dí outro que non sei a que se adica.
Referido ao noso grupo EDIGa a representación foi intensa e de calidade (autobombo).
- Presentación da “nena” EDIGA a cargo de Jose Fariña+eu mesmo. (ver ponencia)
- Usos educativos do EDI por Mariló Fernández. (ver ponencia)
- EDI e Blogs na atención a diversidade por Felo Couto (ver ponencia)
- Un EDI por aula por Rosa e Ivana “Craescuela“. (ver ponencia)
Grazas tamén, a colaboración de Ricardo e Fernando por todo o backend







