Como unha imaxe vale máis que mil palabras, velaí vos vai un vídeo grabado por Cloti, con unha pequena demostración da fantástica pantalla “multi-táctil” . A Smart table preséntase coma un centro de aprendizaxe, multiusuario para que os cativ@s poidan interactuar , crear, realizar e explorar todo tipo de contidos, ben soiños, ou ben en grupo a través dunha serie de actividades interactivas.

Conta con un dispositivo semellante ao Surface, ( se non me equivoco, un equipo con Windows Vista, un proxector XGA e unha cámara infravermella ), ainda que de fabricación propia e é capaz de recoñecer preto de 40 xestos diferentes, podendo xogar co zoom, rotar, debuxar e facer puzles entre outras cousas. A pantalla iso sí, é de plástico, especialmente duradeira e adaptada aos posibles goples dos máis pequen@s.

VAMOS, QUE QUEREMOS UNHA XÁ…(mágoa o precio, apto para poucos petos).