ALFOMBRA MÁXICA
Soportes necesarios:
- Pista Baile (ver en Hardcoregamer) // 13€ ( Para utilización como períferico)
- Cocentrador Hub Usb (ver Pixmania) // 7€ (Para aglutinar varias alfombras nun conector USB)
Programas necesarios:
Atoparás todos os programas na zona de descargas de EDIGA http://ediga.net/descargas (cartafol “PROGRAMAS>10_EDUVIDEOXOGOS), aínda que non esquezas en colaborar con algo
.
Para o seu uso lúdico como alfombra de baile:
- Stepmanía (Programa e cancións)
- In the Groove (Programa e cancións)
- Páxina de referencia: DDRSPAIN
Para o seu uso como periférico (sustitutivo do rato/teclado…):
- Xpadder (“Mapea” a alfombra adscribíndolle unha función a cada tecla/botón: 1 alfombra=10 botóns-accións)
- Hotkeys (Depende do anterior e facilita a combinación de comandos-accións máis complexos: P.exem: ao premer F1 executa un son, F2 executa unha imaxe, F3 un link… )
Configuración Básica:
Ollo!!! cero trebelladas e fontanerías tecnolóxicas, nada cúter, parafusos, siliconas, taladros…
![]()
Para o seu uso lúdico/baile simplemente é necesario instalar o programa (Stepmanía ou similar) e definir os parámetros da alfombra na configuración do xogo (arriba, abaixo, esquerda…).
Para o seu uso como periférico:
- Ver videotitorial: Configuración Básica (I)
- Acender o PC.
- Conectar o Hub USB ou no seu defecto utilizar tantos portos USB como alfombras existentes.
- Executar Xpadder.
- Definir as accións de cada alfombra. (P.exem: Alfombra 1 numérica, Alfombra 2 rato, Alfombra 3…)
- Utilizar como rato, cursor, alfabeto….
- Tunear con aironfix, telas, pegatinas, velcros…as iconas das alfombras para integralas nas propostas educativas a realizar.
- Usos Creativos…


hace 1 año
Noraboa pola claridade do vídeo, MAESTRO!
hace 1 año
Esa Spong bravú!!! a ver se asomas as “teclas” por aquí que tí tes moito que contar
. Falamos!!