Aplicacións didácticas da Web 2.0
A Wikipedia define a Web 2.0 como o término acuñado para referirse á segunda xeración de internet, exponencialmente máis dinámica que a anterior, baseada na colaboración da comunidade de usuarios. Son exemplos desta revolución tecnolóxica servizos como as redes sociais, os blogs, wikis, e un longo etcétera.

A propia Wikipedia constitúe un exemplo excelente de construción do coñecemento por parte dos propios usuarios, un coñecemento (segundo un estudo) tan riguroso como o da propia Enciclopedia Británica. Pero as posibilidades da web 2.0 son amplísimas e as súas aplicacións en educación posúen un incrible potencial para provocar un cambio metodolóxico real.
O Concello de Ponteceso, en colaboración co Centro de Formación e Recursos, organiza no mes de novembro unhas xornadas sobre a Aplicación didáctica da Web 2.0, poñendo tanto á nosa disposición como mestres, como ao público en xeral, a oportunidade para profundizar no funcionamento, implicacións e aplicacións educativas das redes sociais, blogs, plataforma Moodle…
Inclúese, entre os contidos a tratar, unha xornada sobre o EDI nas aulas.
Inscrición: Plataforma do Cefore
Prazo: Ata o 15 de Outubro.
Máis información: Ver Programa
| Imprimir artículo | Este artículo fue publicado por spongi el 3 octubre, 2009 a las 12:53 am, y está archivado en Infantil, Primaria, Recursos, Secundaria/Bach. Sigue las respuestas a esta entrada a través de RSS 2.0. Puedes dejar un comentario o enviar un trackback desde tu propio sitio. |





