ASOCIACIÓN EDIGa
Nº REXISTRO 2010-14328-1
CIF G70255583
ÁMBITO DE ACTUACIÓN AUTONÓMICO-NACIONAL
DOMICILIO SOCIAL en C/ Fernández Latorre, 53. 2ºd. 15006
DESCRITORES: PDI, EDI, E-Learning-Mobile-Learning, asesoría educativa, Innovación educativa, Formación, soportes táctiles, tics, contidos multimedia, estudos tic, pizarras dixitais.TRAXECTORIA-DIFUSION:
- Xornadas EDIGa a nivel autonómico: Xornadas-Premios 2008 e 2009
- Encotros a nivel nacional: Encontros Ibéricos PDI
- Congresos e ferias a nivel internacional: Bett Feria internacional educativa 2008 e 2009
- Premios e recoñecementos: 1º Premio. Categoría Blog de Mencions (Espiral Edublogs 2008)
PRESENCIA DIXITAL / CONTACTO
Mail: info@ediga.net
Gmail: ediganet@gmail.com
Facebook: http://es-es.facebook.com/people/Ediga-Pdi-Dixital-Galicia/100000904202641
Twitter: http://twitter.com/ediganet
Lista de correo: http://www.rediris.es/list/info/edi.html
Coa denominación “Encerado Dixital de Galicia (EDIGA)” constitúese esta asociación educativa ao abeiro da Lei Orgánica 1/2002, de 22 de marzo reguladora do dereito de asociación, así como das restantes normas complementarias da súa clase que lle son aplicables.
A asociación proclámase independente de partidos e opcións políticas, forzas económicas, confesionais, etc.; con capacidade xurídica, plena capacidade de obrar, e sen ánimo de lucro.
1.Conformar un foro permanente de reflexión, intercambio de experiencias, e investigación sobre:
- O uso e aproveitamento das Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC) no ámbito educativo en todos os seus aspectos:
- A promoción da accesibilidade na sociedade da información como unha responsabilidade natural de todo aquel que constrúe, elabora ou administra información e servicio web.
- Promover a innovación en materia metodolóxica e educativa así como fomentar a creación, diversificación e distribución en aberto dos contidos interactivos en soporte dixital a todos os membros da comunidade educativa.
2. A promoción, colaboración, organización e desenvolvemento de seminarios, cursos, xornadas, encontros e congresos sobre temas especializados referidos sobre o uso das tecnoloxías aplicadas á educación , especialmente cando os participantes sexan educadores, pais, ou axentes de intervención directa na Educación, sen excluir empresas ,asociacións ou outras entidades que repercutan de forma positiva no eido formativo e educativo.
3. A formación do profesorado así como o resto de axentes educativos:
- No aproveitamento das TIC na educación tanto presencial como a distancia.
- Na responsabilidade do uso e deseño de contidos e experiencias multimedia accesibles para todos.
- Potenciar a capacitación docente e a competencia TIC de xeito transversal.
4. O estímulo e a promoción de iniciativas xeradoras:
- Da investigación, estudio, uso e aproveitamento das TIC aplicadas sobre o ámbito educativo.
5. Divulgar, asesorar e dar a coñecer os diferentes estudios, conclusións, métodos, páxinas web,estratexias, e sistemas de comunicación novidosos e innovadores e que orientando e asesorando na implementación dos mesmos, propicien os correspondentes espazos de reflexión e novas tendenzas e metodoloxías innovadoras,como os soportes multitáctiles, pizarras dixitais interactivos, usos daweb social, e todos aqueles recursos que vaian xurdindo na sociedade da comunicación e información e que poidan ser utiles nos sistemas de ensino-aprendizaxe.
6. Calquera outros temas que libremente se acorden nas dinámicas de grupos de traballo promocionadas dende a plataforma.
1. A adquisición do dominio e a creación da plataforma www.ediga.net como lugar neurálxico de comunicacións entre os seus asociados e como servizo de información, documentación, referencia, comunicación e encontro para todos os seus visitantes.
2. Establecer canles de colaboración con particulares, docentes, asociacións culturais, administracións e entidades públicas ou privadas (tanto educativas como de investigación e desenvolvemento, ou de promoción sociocultural). http://ediga.net/colabora-2
4. A convocatoria e organización de cursos de formación, xornadas, simposios, conferencias, grupos de traballo, etc. que contribúan a acadar os fins da asociación, ben dende a propia asociación, ben dende a colaboración con outras entidades, asociacións ou institucións. http://ediga.net/aula
3. Intercambiar e difundir as súas experiencias, estudios e materiais con outras asociacións, fundacións ou entidades e particulares con obxectivos e campos de acción común. http://twitter.com/ediganet e http://es-es.facebook.com/people/Pizarra-Dixital-Interactiva-Galicia/100000904202641
4. Participar en foros, seminarios, xornadas, exposicións, congresos, etc. que aborden temáticas análogas ás da asociación. http://ediga.net/convocatorias
5. A elaboración, promoción e publicación de materiais divulgativos sobre as novas tecnoloxías aplicadas á educación. http://ediga.net/proxectos.
6. A recompilación de contidos de calidade e avaliación de materiais tecnolóxicos de uso das tecnoloxías aplicadas en educación e de noticias de interese para os asociados e non asociados, para a súa divulgación na web da Asociación onde poderán ser libremente comentados e ponderados polos seus usuarios dentro do correspondente marco democrático de convivencia.http://ediga.net/descargas
Nós respetamos a súa privacidade e temos unhas directrices claras para resgadala en EDIGA.net:
* Logs
Como moitos sitios webs utilizamos logs/rexistros. Isto inclúe datos sobre a dirección do protocolo de Internet (IP), tipo de navegador, internet service provider (ISP), páxinas referidas e de saída, tipo de plataforma, data/tiempo na páxina , e número de clicks…os mesmos son obxecto de análise para a administración dos contidos (Google Analytics) da plataforma e visibilizar e personalizar os de mellor calidade. Aínda así e ncesario salientar que as direccions IP non revelan información personal.
* Cookies
Unha cookie é un arquivo gardado no ordenador do usuario coa intención de conoñecer a súas preferencias no uso da plataforma. Dende Ediga.net, non utilizamos cookies agás na identificación a hora de facer comentarios. Aínda así se desexa bloquealas pode facelo por medio da configuración do navegador.
* Links / Enlaces
Ediga.net conten enlaces a páxinas de terceiros, as cales son supervisadas frecuentemente para a súa idoniedade e coherencia coa plataforma. Aínda así ediga.net, non se responzabiliza pola privacidade, contido irregular ou ilegal que estas conteñan. Nestes casos, pregamos que contacten al coa plataforma. Todos os arquivos no noso servidor son perfectamente legais (versións demo ou libres), se atopa algún arquivo irregular no noso servidor, prégase facernolo saber enviándonos unha mensaxe por medio do formulario de contacto.
* Contidos
A comunidade ediga.net aloxa contidos interactivos con fragmentos de autores suxeitos a propiedade intelectual os cales están regulados polo Real Decreto Legislativo 1/1996, de 12 de abril, polo que se aproba el texto refundido da Lei de Propiedade Intelectual, o uso lícito e educativo dos mesmos se rexistra no seu artigo 32 polo cal e posible divulgalos dentro dunha finalidade docente e educativa sendo susceptibles de análise, comentario e xuizo crítico tal e como se expon nos principios da asociación.
Así mesmo existen, nos mencionados contidos interactivos, imaxes de menores que ilustran os diferentes procesos educativos na dinamización das tic, as cales contan cos respectivos persmisos y autorizacións pertinentes por parte dos seus autores, de existir alguna discrepancia na súa utilización pregase facernolo saber enviándonos unha mensaxe por medio do formulario de contacto.
* Condiciones de uso
Ediga.net usa unha licencia Creative Commons que permite la utilización dos seus contidos con fins non comerciais, exixindo só a atribución ao autor. Esto significa que todos os contenidos de ediga.net, poden ser usados libremente, copialos, reproducilos, distribuilos e modificalos.
1. Para consultar as condicions da licencia podes visitar Licencia Creative Commons.
2. Para consultar o texto legal podes ir a Legal Code para Licencia CC.No desenvolvemento dos diferentes contidos interactivos da comunidade ediga.net
* Información de contacto
Se ten algunha dubida acerca da nosa política de privacidade ou desexa máis información, Contáctenos.






hace 2 años
Noraboa pola iniciativa,
Son técnico informático do Proxecto Ponte dos Brozos. Tamén teño funcións de dinamizador dixital, nas que por exemplo dou formación sobre o Encerado interactivo SmartBoard e Mimio.
Polo que vos desexo moita sorte neste bo proposito.
hace 2 años
Grazas Xabier, síntete libre para propor calquer aporte que consideres oportuno dende a túa experiencia.
Saúdos.
hace 1 año
Para cuando una versión de este texto en inglés?
Hay un mundo ahí afuera comos usted bien sabe.
Enseña su magnífica labor. Un saludo