Abraham

Docente Gallego Explorando L.U.A.


Entradas de Abraham

Taboleiro Dixital Interactivo (TDI 2.0)

Da man dos nosos compañeiros Suso Lojo (Edugaliza) e Agustin Carracedo (Premio Innovación 07) poderemos ter a posibilidade de ver, no Congreso EDUTEC 2008 (Santiago de Compostela) o vindeiro 3, 4 e 5 setembro, un taller sobre o uso do Taboleiro Dixital Interactivo (TDI).

Read this document on Scribd: taller3

Ahí tedes o programa:

Grazas pola nova.
Alí estaremos!

Aviso a navegantes con discapacidade visual: Os acrónimos TDI, PDI, EDI, MDI…fan referencia a un mesmo soporte/significante (encerado dixital interactivo).

O libro dos inventos…para nenos?

Inventos

Coido que moitos/as o coñecedes este libro “El libro de inventos de Inventos divertidos para niños” que grazas o bo amigo Rogelio (Organización Luchoedu fonte inagotable de recursos IKEA) o temos na rede para o seu uso e disfrute.

Crear os teus propios xoguetes, inventar e reinventar…poñendo ao 100% o maxin.

Imprescindible para ese tempo de lecer estival e interesante a aplicación dalgunha das súas unidades no EDI!!!

Descargar Libro

Un escritorio pedagóxico…Earth desk!

Eart desk

Seguindo a Máxima Nú1 do uso do EDI da compañeira Rosa “Teras acendido o EDI as 24h” (en breve o decálogo), pois temos esta aplicación que enche eses baleiros de contidos entre as clases dunha forma dinámica…

Earth Desk e unha fabulosa aplicación que sustitúe o fondo do escritorio por un mapamundi dinámico, que amosa a evolución do día a noite, os países os nubeiros,… a tempo real!!!…cunhas posibilidades didácticas enormes.

Descargar Earth Desk

Arrolos, cantos de berce…Rockabye baby!!!

Clásicos rokeiros dos 90 en versión berce; unha curiosidade máis:

U2

U2

CD de descarga

————————–

Metallica

METALLICA

Metallica

Cd de descarga

————————–

radiochead

RADIOHEAD

Radiohead

Cd de descarga

————————–

NIRVANA
Nirvana

CD de descarga

————————–

Os ramones, The cure, Bob marley… unha enchenta de clásicos do rock tamén dispoñibles pola rede .

P.D: Persoalmente os utilizamos para animacións con plastilina e danlle o pego bastante ben, en breve os alumnos de 2ú suben uns vídeos. Ás veces dan máis medo que soño, vos diredes :) .

Reflexions TIC

Lembranzas do que aínda segue a ser o meu grupo musical preferido, extraio unhas verbas que sintetizan o uso das TIC hoxe por hoxe na docencia:

“Con suma facilidad con resta tranquilidad” (ENG dixit)

Ti que opinas? :)

Cartoons, Debuxos, bonecos…a esgalla!!!

Cartoons

Hai un tempo a compañeira Concha andaba na procura de imaxes de debuxos animados en Google para aderezar os seus magníficos proxectos de plástica, así que grazas a incansable axuda do compañeiro Yenik¶i atopamos esta colleita que fai as delicias no Notebook, Tuxpaint, …

1200 clips en diferentes formatos vectorizables para a súa edición e uso.

Os que vedes e máis para o seu uso educativo :)

Descarga Paquete de imaxes:
Parte 1.
Parte 2.
Parte 3.

Contrasinal: tutom

Xogamos a aprender…

pulpi
A nosa compañeira Bea (CEIP Ponte dos Brozos) comparte con nós os recursos, experiencias e materiais traballados na súa aula grazas á súa nova bitácora “Xogamos a aprender. A Bitácora dos Pulpis”, na que alumnos/as de 5 anos traballan co EDI e a rede dun xeito “natural”.

Grazas :) !!!

1ú Premio EDIGA “A Primavera”

Premio EDIGaHola, boas a todos, son Monica do CRA de Bergondo. Nos levamos o primeiro premio polo noso traballo,estamos moi contentos xa que supon unha motivacion importante para seguir traballando.

O noso traballo consistiu nunha unidade didactica que englobaba as tres idades de ed. infantil (3,4 e 5 anos) e trataba a primavera de maneira global (clima, vestimenta, musica, poesias,…), para que todos os mestres do noso CRA colaborasen activamente, cada un diseñou unha paxina de actividades, ademais diso, en reunions colectivas recollimos ideas para elaborar a unidade.

A reaccion dos nenos/as foi boa, aprenderon todo o que nos interesaba en pouco tempo, realizaron as actividades na pantalla, surxiron novas inquietudes,.. en resumo, o resultado foi moi positivo e motivante.

Actualmente estamos a traballar nun proxecto de aprendizaxe das letras, nos utilizamos o paiís das letras asi que se nos ocurriu facer un conto na PDI de cada unha das letras para que resultase motivante para os nenos/as e incorporarlle algunhas fichas de grafomotricidade para que eles as puidesen facer na pizarra, o obxectivo e unificar este metodo en todas as unitarias do noso CRA sempre que os titores esten de acordo.

Cando vexades a nosa unidade A Primavera esperamos que vos guste e que lle saquedes partido.

Gracias.

Ver Actividade. 1ú Premio- CRA BERGONDO: “A primavera”

Premio EDIGa

3ú Premio EDIGA “Unha historia en Pexegueiro”

Premio EDIGaDa man das nosas compañeiras do CRA Mestra Clara Torres (Teresa, Fátima e Xabier), xorde un novo estilo de curtametraxe autodenominado “Titeres Dixitais”; feito co EDI, moita ilusión e creatividade, temos unha historia que cuestiona o rol de xénero e as tradicións. Exteriores propios, bonecos feitos con iogurt, gravacións, tomas falsas,”storyboard”..toda unha produción.

Velaí tedes o resultado!!!.

[kml_flashembed movie="http://es.youtube.com/v/qgIkDO9cnFM" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Seica andan preparando unha “premiere” alí por TUI con alfombra vermella e iso :) .

Grazas!!!

I Congreso TADEGa.net

Logotipo do '1ú Congreso TADEGa 2008'.
Da man da nosa benquerida plataforma TADEGa.net bríndasenos a información o Primeiro Congreso de Tecnoloxías de Atención á Diversidade na Educación Galega (TADEGa) 2008, nos días 23 e 24 de maio de 2008, que terán lugar nas instalacións do Museo Pedagóxico Galego (MUPEGA) de Santiago de Compostela, A Coruña .

O período de inscrición xa comezou, e as prazas son limitadas (o aforo máximo das instalacións do MUPEGA é de 112 prazas).

Só queda animarvos a participar neste evento onde a calidade e o saber facer son a norma. Por alí andaremos!!!

Toda a información necesaria na súa web: