Felo
Ola!! Son mestre de Educación Especial, sempre relacionado co mundo das TIC ( ou TAC?) e sempre se aprende algo, grazas por colaborar.
Entradas de Felo
Mestre Exemplar SMART
21 feb
Iste ano SMART lanza por primeira vez en España o Programa Mestre Exemplar SMART. Iste programa leva xa varios anos desenvolvéndose con gran éxito de América do Norte. O programa Mestre Exemplar SMART quere recoñecer a labor de 10 mestres no emprego das solucións SMART na aula.
Os criterios de seleción son os seguintes:
- Ser un mestre que empregue as solucions SMART de xeito innovador para mellorar os resultados académicos.
- Completar unha aplicación que ponga de relieve o teu compromiso co desenvolvemento eficaz das prácticas educativas e o seu desexo de compartilas con outros mestres.
- Enviar un vídeo no que aparezca presentando unha parte dunha actividade con Notebook que crearas.
- Proporcionar unha carta de referencia do personal de dirección do teu centro.
Qué vantaxes ten ser uno dos mestres Exemplares en España?
- Oportunidade de probar novos produtos.
- Software gratis a elexir – SMART Classroom Suite, SMART Ideas ou SMART Notebook Student Edition.
- Oportunidade de participar en eventos como SMART’s Peer Educator.
- Maletín para o ordenador SMART Exemplary Educator.
- Artígos promocionais para apoiar eventos de desenvolvemento profesional que organice
- Oportunidade de ir a eventos importantes como Summit ou similares
Dame, dame, dame… (BETT 2011-I)
18 ene
… dispositivos móbiles na aulaaaaaaaaaaaaa, ou algo así seguirían entonando Anni e Agnetha segundo o visto iste ano na Feira. Ás PSP e NDS in the classroom, engadímoslle moitos iPad e Tabletas con Android de Toshiba, Dell e un moi longo etcétera de marcas.
O salientable é que non só o trebello, senon moitas aplicacións (apps) de balde e de pago tanto no iTunes como no Market de Android, o que fan da tableta que sexa de 7 ou 10 polgadas, un recurso moi a ter en conta dentro da aula… sobre todo a personalizacion da aprendizaxe elixindo a app que se precise do market. Sí que se bota en falla unha Authoring Tool para iPad ou Android, pero seguro que é cousa de tempo, se ademais se consegue que a través dun iPad ou Android interactuemos co EDI xa temos todo listo.
Faladoiro EDIGa (Venres 12 – 18-19h) LIM
11 nov
Mañá venres comezamos no noso Videochat… quen se anima?
Temática: LIM (Libros Interactivos Multimedia)
Quebracabezas e xogos de intelixencia
18 oct

Leo na folla parroquial da Coruña que os videoxogos de quebracabezas e os problemas de intelixencia melloran o noso cerebro, segundo demostraron científicos da Universidade Autónoma de Madrid, a Universidade Complutense, a Fundación CEN (Centro de Investigación de Enfermidades Neurológicas) e a Fundación Reina Sofía.
Xogamos?
Pois contamos con sinxelos recursos galegos neste eido para construir un material práctico na aula, xogos de mesa de preguntas e respostas tipo Trivial.
Os primeiros comezos nista andaina, o supuxo o programa Formula 20 (Fran Macías) , que permitia facer unha xira de preguntas co taboleiro dunha pista de carreiras… istes e outros experimentos, finalizaron na presentacion do proxecto Xogamos? (Xose Antón Vicente, Felo Couto e Fran Macías), baixo o que se agrupan unha serie de recursos informáticos dedicados a creación de xogos de pregunta-resposta. Mirade unhos exemplos:
Ligazóns:
Libro Colaborativo LIM
10 oct
Ti xa sabes que LIM (Fran Macías) é unha ferramenta ideal para empregar no EDI, moi áxi le lixeira e que nos permite crear rápidamente contidos adaptados aos nosos alumnos visibles somente cun navegador.
E QUERES PARTICIPAR NA CONSTRUCION DUN LIBRO ENTRE TODA A COMUNIDADE??
- Obxectivo: construir colaborativamente una UD, actividad temática… xa que LIM é unha ferramenta aberta.
- Duración: Todo o curso escolar e, segundo a data, escoller o Samaín, o Outono, os dereitos humáns, a paz, a muller traballadora, a semana da prensa, o día do libro, a saúde, Galicia, Europa, as Letras Galegas, dia mundial do ambiente… (queres propoñer outro tema?. Deixa un comentario coa túa proposta.)
- Quero participar, como fago?
É moi doado, na seguinte presentación tes todos os pasos:
Preparad2.0s para o cambio?
13 abr
Ola de novo!! varios cambios asoman polas nosas escolas, estamos preparad2.0s?. Seguro que sí, namentras reparade nas reflexións que fai o Star Jordi Adell
SMART Notebook 10.6
26 ene
O comentabamos iste dias na rolda de correo de EDIGA, e é que os usuarios de SMART Notebook teñen unha nova actualización que saliu a semana. Versión 10.6, cun par de novas características moi interesantes.




