Ivana
Este usuario no ha compartido ninguna información biográfica
Entradas de Ivana
EDUCATION TRANSFORMATION
25 ene
Susan L Kenney estivo a dar unha conferencia moi interesante en Londres nun Seminario Smart titulada Learning Matters, ICT Strategies 4 sucess.
EDIGA EN BARCELONA.
7 jul

O III encontro Ibérico Smart, tivo lugar este ano en Barcelona, no colexio Sant Gervasi, e estivo moi centrado en experiencias de docentes co EDI dentro da aula tanto en infantil, primaria como en secundaria. Patrick Lelorieux, vicepresidente de Smart, deunos unha visión sobre cómo Smart vé a ensinanza do século XXI.Judith Gómez, ensinounos cómo empregar o edi,xunto co google earth nas matemáticas, e outros moitos compañeiros que mostraron cómo o empregaban nas aulas de música, inglés, historia, arte, así como o nivel de implantación e o éxito no emprego do edi no colexio San Francisco de Paula de Sevilla. Ediga tamén estivo alí e deixou o seu graiño de area neste encontro que xuntou 150 persoas con inquedanzas e gañas de aprender.
A SMART TABLE CHEGA A BETT.
20 ene
Como unha imaxe vale máis que mil palabras, velaí vos vai un vídeo grabado por Cloti, con unha pequena demostración da fantástica pantalla “multi-táctil†. A Smart table preséntase coma un centro de aprendizaxe, multiusuario para que os cativ@s poidan interactuar , crear, realizar e explorar todo tipo de contidos, ben soiños, ou ben en grupo a través dunha serie de actividades interactivas.
Conta con un dispositivo semellante ao Surface, ( se non me equivoco, un equipo con Windows Vista, un proxector XGA e unha cámara infravermella ), ainda que de fabricación propia e é capaz de recoñecer preto de 40 xestos diferentes, podendo xogar co zoom, rotar, debuxar e facer puzles entre outras cousas. A pantalla iso sí, é de plástico, especialmente duradeira e adaptada aos posibles goples dos máis pequen@s.
VAMOS, QUE QUEREMOS UNHA XÁ…(mágoa o precio, apto para poucos petos).
BETT 2009
16 ene

Boletín Interactive Classroom (en inglés)
Ai mi madriña do noso señore, mira que hai xentiña eiquí no London!!! Estamos coas bolsas cheas ata a bandeira… xa non atendes con tanto que hai que mirar todo o día pola feira.
Xornadas Innovación Educativa en Infantil
18 sep
A celebrar do 28 ao 31 de outubro na Facultade de Ciencias de Educación da Universidade de A Coruña. Alí veremos proxectos innovadores, Blogs de aula, proxectos europeos, idiomas, proxectos colaborativos, TIC, educación ambiental, etc etc… Vémonos?
Encontro usuarios SMART Estoril: Crónica (III)
25 jun
Dende Valencia, Paula Jover y Cristina Jofre falaron da súa amplia labor na formación e non só de mestres: profesores universidades, diputación, etc… Non paran!!
Aulas con software 2008 – GALICIA
13 feb

Ultimamente hai movemento, innovacións e temas de abondo eiquí en Galicia coma para argallar unhas Xornadas destes xa tradicionais Coloquios: os traballos dos usuarios do EDI, as experiencias metodolóxicas do emprego do EDI nas aulas, os programas complementarios que podemos empregar, novidades en canto a dispositivos móbiles coma PDA’s que podemos empregar co EDI, os gadgets, os recursos online, etc. etc.
E todo made in Galicia!! Qué ben… Vivamos coma galegos, E LOGO!
Veña, propoñede lugar, data e convidados.




