Lorena
Este usuario no ha compartido ninguna información biográfica
Entradas de Lorena
O CRA de Ponteceso sae na prensa defendendo as escolas do rural
27 ene
O pasado luns, 24 de xaneiro publicouse unha nova en “La Voz” onde as nosas compañeiras Rosa e Ivana defenden as escolas rurais, esas escolas onde o dixital é o natural, e o natural é o dixital. Botade unha ollada!
“Habería que pensar que, se as escolas rurais morren, o rural irá morrendo tamén” ROSA BARREIRO
“Son coma un panadeiro, pero o que levo é o inglés” IVANA GARCÍA



Xogando co IPAD
13 dic
O usos das novas tecnoloxías nos aporta cada día un montón de novas experiencias. Neste caso estivemos traballando co IPAD.
O Ipad é moi parecido a un Encerado Dixital Interactivo pero en pequeno e ademais pódese tocar con todos os dedos á vez. Na nosa primeira experiencia fixemos algúns debuxos cun programa parecido ao tux paint, é resultou ser moi interactivo e fácil. Velaquí vos deixo algunhas fotos de como fixemos. Esperamos poder xogar con el moitas mais veces e contarvos mais experiencias moi pronto!
Os nenos/as de 3/4 anos de CEIP Os Casais
PROXECTO OOo4Kids
27 oct
Xa temos na web o Proxecto OOo4Kids. A súa idea principal é a de proporcionarlles aos nenos de 7 a 12 anos unha nova ferramenta, baseada no Open Office (software libre) pero adaptado a estas idades.
Paréceme moi boa idea que @s nos@s alumn@s se inicien neste procesador de textos, folla de cálculo e ferramentas de debuxo na compaña deste software libre, tan intuitivo e preparado para eles.
Existen versións para Mac OS X, linux e windows
Aquí vos deixo o enlace para que vos metades de cheo a probalo!
Apertas
Lorena







