monica
Este usuario no ha compartido ninguna información biográfica
Entradas de monica
Smart Notebook Math Tools
2 ene
Smart Notebook Matemáticas intégrase co software Notebook. Está centrado para a aprendizaxe das matemáticas, contén ferramentas que permiten demostrar conceptos matemáticos mediante a creación de conceptos visuais, edición de gráficos ou ecuacións.
Entre as aplicacións máis salientables destacan:
- Editor de ecuacións: permite aos usuarios copiar, pegar e editar ecuacións en Notebook, recoñece a escritura e símbolos manuscritos e ecuacións matemáticas
- Integración da calculadora Texas Instruments: cando se instala o software da calculadora TI, éste da acceso aos usuarios a aplicacións TI
- Gráficos dinámicos: enlaces de ecuacións, tablas e gráficos, o cal permite a os alumnos/as explorar cómo os cambios nunha ecuación afectan a súa representación visual nun gráfico
- Constructor gráfico personalizado: crea gráficos mediante o establecemento dos eixes x, y da escala inicio e fin
Podedes descargar esta aplicación no seguinte enlace:
http://www2.smarttech.com/st/en-US/Products/SMART+Notebook+Math+software/
Por certo….. Feliz Ano novo!!!!!
Novo recurso de aprendizaxe: a WebQuests
2 ene
Unha WebQuest é unha actividade didáctica que consiste nunha investigación guiada, con recursos procedentes principalmente de Internet, promove o traballo cooperativo e a autonomía dos alumnos/as e incluye unha avaliación do proceso.
A WebQuest é un recurso que se pode utilizar en todas as etapas educativas. Ten as seguintes fases:
- Introducción: ofrece aos rapaces a información básica que necesitan, suscita o seu interese e os motiva
- Tarea: é a parte máis importante, describe o obxectivo final ao que deben chegar os alumnos/as
- Proceso: son os pasos a seguir en cada tarea. Debe ser sinxelo, curto e directo. Dentro deste apartado tamén poden incluirse os recursos (páxinas web, libros,…) a utilizar, entre outros, para acadar o obxectivo final plantexado
- Avaliación: describe a maneira en que será avaliado o alumno/a así como o proceso de aprendizaxe
- Conclusiòn: resume a experiencia e suscita unha reflexión acerca do proceso e do aprendido
- Créditos
- Guía para o profesor
Páxinas interesantes sobre este tema:
http://www.aula21.net/Wqfacil/
http://www.isabelperez.com/webquest/ejemplos.htm
http://www.aula21.net/tercera/listado.htm
http://www.webquest.es/
http://webpages.ull.es/users/manarea/webquest/
http://cfievalladolid2.net/webquest/common/index.php
X INFORENSINO
6 nov
![cartel-infor-207x300[1]](http://ediga.net/wp-content/uploads/2009/11/cartel-infor-207x30013-188x300.jpg)
As Xornadas de Inforensino pretenden acercar a Sociedade da Información e o Coñecemento á Escola. A súa principal intención é dar a coñecer ao profesorado enfoques innovadores e experiencias positivas de integración das TIC na aula.
O programa desenvolverase os sábados 14 e 21 de novembro de 2009.
Para asistir, hai que poñerse en contacto co CEFORE de Lugo,as persoas admitidas recibirán no seu correo, @edu.xunta.es, unha ligazón para confirmar a asistencia ao evento.
Ligazón ao programa: http://www.inforensino.eu/pdf/programa.pdf
Ligazón á páxina web:
http://www.inforensino.eu/
As Tics ao servizo das necesidades educativas
15 sep
Hola, son Monica, no seguinte enlace tedes unha serie de software e aparellos destinados a facilitar o acceso as novas tecnoloxias a alumnos con necesidades especificas de apoio educativo
http://www.uclm.es/profesorado/ricardo/NNTT_EE/TIC_Ed_Especial.html





