spongi
Profe E.F. no CRA Ponte da Pedra (Carballo)
Entradas de spongi
Aplicacións didácticas da Web 2.0
3 oct
A Wikipedia define a Web 2.0 como o término acuñado para referirse á segunda xeración de internet, exponencialmente máis dinámica que a anterior, baseada na colaboración da comunidade de usuarios. Son exemplos desta revolución tecnolóxica servizos como as redes sociais, os blogs, wikis, e un longo etcétera.

A propia Wikipedia constitúe un exemplo excelente de construción do coñecemento por parte dos propios usuarios, un coñecemento (segundo un estudo) tan riguroso como o da propia Enciclopedia Británica. Pero as posibilidades da web 2.0 son amplísimas e as súas aplicacións en educación posúen un incrible potencial para provocar un cambio metodolóxico real.
O Concello de Ponteceso, en colaboración co Centro de Formación e Recursos, organiza no mes de novembro unhas xornadas sobre a Aplicación didáctica da Web 2.0, poñendo tanto á nosa disposición como mestres, como ao público en xeral, a oportunidade para profundizar no funcionamento, implicacións e aplicacións educativas das redes sociais, blogs, plataforma Moodle…
Inclúese, entre os contidos a tratar, unha xornada sobre o EDI nas aulas.
Inscrición: Plataforma do Cefore
Prazo: Ata o 15 de Outubro.
Máis información: Ver Programa
Premio Especial EDIGA “Rutinas en EI”
25 may
Son Mar, do CRA Ponte da Pedra de Carballo. Tiven a sorte de ser premiada cunha invitación ao BETT 2009, e xa me tarda irme co grupiño de EDIGA a asombrarme co que alí se expón.
O traballo presentado ten como obxectivo traballar as Rutinas en Educación Infantil a través da PDI e utilizando como software o Notebook. Teño pendiente subilo ao xestor de EDIGA, pero vai ser dificil que o faga antes do fin de semana.
Fágovos un resumo do que se pode traballar co recurso:
- As estacións, os cambios climáticos e a súa influencia nos elementos do entorno.
- O saúdo: desenvolvemento dos hábitos e convencións sociais.
- A data: os días da semana, os meses do ano,…
- Conmemoración grupal e social dos aniversarios dos compañeiros/as.
- Organización temporal da xornada: o horario.
- Autorregulación do traballo do alumnado
Actualmente estase a usar nunha das escolas e foi moi ben acollido polos os rapaces/as.
Saúdos.
Ver actividade: Premio Especial- CRA PONTE DE PEDRA: “Rutinas en EI†.




