Susi
Este usuario no ha compartido ninguna información biográfica
Entradas de Susi
O peor día de FELO (o noso compañeiro)
12 sep
[kml_flashembed movie="http://es.youtube.com/v/2OBZHB5I89A" width="425" height="350" wmode="transparent" /]
Tableta Dixitalizadora en Infantil
7 jun
Achégovos unha experiencia formidable sobre o uso dunha tableta dixital sen fíos:
Máis información: http://pequesreboreda.wordpress.com/
1ú Premio EDIGA “Iguais na diferenzaâ€Â
3 jun
Son Susana Viqueira, o meu traballo “IGUAIS NA DIFERENZA;O SPC NA AULA ORDINARIA CO EDI” xurde a raiz de ter un neno na miña aula con NEAE, non ten linguaxe oral “de momento” e tiñamos que darlle un xeito de poder comunicarse cos demais, o sistema SPC ( sistema pictográfico de comunicación ) pareceunos o que mellor se adaptaba ás súas características, pero non só tiña que coñecer este sistema él , sinon todo o grupo aula, así que de xeito moi lúdico introducinno na aula, a asamblea foi un bo momento, as hipótesis sobre o que significaban diferentes simbolos deulle pé o grupo aula para comenzar a coñecelos .
O traballo elaborado :
Lectoescritura- Un abecedario donde se parte da letra, logo asóciase cada letra coa imaxe dun animal real e o seu igal no sistema SPC , as pantallas seguintes son actividades de lectoescritura,grafomotricidade…etc.
Lóxica-matemática: Traballo conceptos como lonxe -preto, moito-pouco,cheo -baleiro…etc, o conteo, series,agrupacións co diferentes elementos….
Os animais: Tema que motiva especialmente o cativo con NEAE , a través de él traballo ademáis dos nomes , onomatopeias…etc tamén a lóxica matemática e a lectoescritura
Os alimentos: Sobre todo a hora da merenda facilitame traballar este tema, xa que debe identificar o que trae para merendar e buscar as imaxes que o representan, estamos comenzando a elaborar pequenas frases, do tipo….. Brais quere comer galletas utilizando só as imaxes.
O Esquema corporal: fundamental para todos os cativos nestas idades , imaxes pictográficas coas que debe compoñer caras , corpos…asociar vestimenta con diferentes partes do corpo…etc
As persoaxes do castelo: Este curso estamos a traballar con este proxecto ” O meu cole o meu castelo” esto creame a necesidade de crear diferentes actividades relacionadas con esta temática co SPC, aínda que hai moi poucas.
Vantaxes obtidas: Moitas, o EDI é unha ferramenta que consigue centrar a atención dos cativos, motivadora , o pequeno con neae ten problemas a hora de manexar o rato do PC e isto créalle frustración xa que a axuda é constante, mentras que no edi a súa autonomía poténciase , pode mover os elemnetos sin medo , escribir, borrar, non hai límite de manipulación para él.
As expectativas son segui r elaborando materiaís para poder ir axudándolle a comunicarse e establecer relacions significativas cos demais, que interactúe co mundo de xeito activo, amosando os seus intereses e desexos de xeito autónomo a través do SPC e que o seu grupo lle poida entender, así como os demáis membros da comunidade escolar.
Queda moitísimo traballo por facer, pero penso que estamos no bo camiño, él esforzase moito e pouco a pouco ímolo conseguir
.
Ver actividade 2ú Premio – CEIP STO PAIO ABAIXO: “Iguais na diferenzaâ€Â




