BETT 2008 (Londres)
Moito que ver nesta Feria; unha representación de EDIGa dirixiuse a Feria de BETT (mostra tecnolóxica en educación máis importante de Europa.) para comprobar “in situ” a vangarda das New Tech, TIC, ICT….en educación.
Poís alí estivemos un Grupo ben nutrido de EDIGa:
Felo , Rosa, Ivana, Clotile, Mariló , Iván, Ricardo, Fernando, Paulo…
Polo camiño, atopámonos con persoeiros a nivel nacional no mundo das TIC.
Gaspar,Víctor Bermejo, compañeiros de Red.es… Dispostos a fedellar e fedellar con produtos de todo tipo.
Destacamos 3+1 bloques ben diferenciados na Feria
Software: A intuitividade, usabilidade, accesibilidade dos Softwares presentados; pódese apreciar unha evolución dos mesmos cara ese sentido. Cada vez moito máis amigables, personalizables e específicos.
Destacamos por todo isto: Rectable
Plataformas online: Na actualidade e un requisito necesario enriquecer as nosas propostas curriculares (proxectos, unidades, actividades… ) con soportes online que favorezan un apoio teleformativo (B-learning). Multitude de alternativas existen no mercado para apoiar a labor educativa; blogs, plataformas de xestión educativa, cursos online,….de tódalas cores e sabores. Primando as experiencias depositadas nelas coma xerme de cambio metodolóxico.
Destacamos por todo isto: Espresso Education
Hardware: os reis indiscutibles foron as PDI, ata o punto de ser un soporte omnipresente en calquer stand para poder presentar calquer produto. Apreciábase unha evolución lóxica das mesmas ao integrar Canóns e Encerados de xeitos elegantes, así como ver unha maior presenza de retroproxectadas, a conectitividade multiplícase así como a sinxeleza da súa utilización, . Tamén podíase ver unha clara aposta educativa cara aos soportes móbiles (teléfonos, PSP, PDAs) en proxectos educativos:
Destacamos por todo isto: SmartBoard
O Usuario, rei indiscutible de todo o “tingladoâ€Â; alumno, profesor,…todo xira ao redor do usuario, dándolle unha dimensión social ao produto, permitíndolle personalizalo todo posible para adaptalo as súas necesidades. Con todo podemos falar, sen lugar a dúbidas de Tics 2.0, xeralizando o concepto.
Por niveis educativos podemos destacar tamén:
Infantil: Noisy Things
Primaria: 2paintapicture
Secundaria: MathJournal
Necesidades Educativas Especiales. Mayer-Johnson
Así pois para nós o produto éstrella (o máis completo) era o que intentase aglutinar de maneira notoria eses tres bloques dun xeito natural:
- Tivese un Software o suficiente versátil e intuitivo, amigable.
- Creara unha comunidade ao seu arredor, favorecendo a difusión de experiencias, contidos.
- Fora un soporte que implicase unha relación/interacción máis humana co ordenador.
Mágoa que neste aspecto, nós como xurado, non chegaramos a un fallo consensuado, aínda que se barallaban varias alternativas:
SmartBoard
Mayer-Johnson
PSPineducation¿Axúdasnos a ter un ganador?
Con todo unhas xornadas, moi interesantes, non só polo visto, senón polas persoas.
P.D. Visita obrigada era un paseo pola urbe, así pois, o British Museum foi un dos nosos obxectivos. Preguntar por Ivan, guía español, e a súa “Freak Guide: From Cleopatra to The actually .â€Â
Grazas!!!
De propina un video do máis bailón no “tube” de London; non todo ía ser traballo:
[kml_flashembed movie="http://es.youtube.com/v/kGW3XNc3dBg " width="425" height="350" wmode="transparent" /]
| Imprimir artículo | Este artículo fue publicado por Abraham el 17 enero, 2008 a las 10:30 am, y está archivado en Experiencias, Novas. Sigue las respuestas a esta entrada a través de RSS 2.0. Puedes dejar un comentario o enviar un trackback desde tu propio sitio. |






hace 5 años
Que ben o pasades! je je
Bicos
hace 5 años
Qué bueno!
Eso si que es un grupo de trabajo!!! Esa marcha de la teacher (supongo) y Mariló!
Muy bien! : )
hace 5 años
Vexo que todas as recomendacións que facedes son de pago. Supoño que son os que sufragan este tipo de feiras. De todos os xeitos, grazas por achegarnos este resume.
hace 5 años
Totalmente certo Xosé Antón, a industria tecnolóxica educativa foi a única raiña de BETT; ata iniciativas tipo OLPC tintábanse de “intermediarios” que vendían os aparellos por lotes. O máis curioso de todo, e que a entrada a Feria era de “balde”, aínda que esixia un riguroso rexistro dos teus datos o que derivaba nunha tarxeta cun código de barras. Así pois cando ias a un stand, os comerciais “enchufabante” o lector de barras para enviarche a información do produto, vendendo así de maneira constante os teus datos, ¿de balde a entrada?. Na actualidade coido que non lle damos importancia aos nosos datos, ata nos fai gracia que aparezan na rede, aínda que nun futuro próximo a confidencialidade dos mesmos será un ben moi preciado.
hace 5 años
Que ben o pasades!!!Para a próxima apúntome se me deixades!!Quero probr o da WII quen me axuda?Apertasssssss
hace 5 años
Eu te axudo Lorena, polo de agora estou na fase de aprender o manexo con programas varios, facendo uso do mando como se fose un mando inalámbrico. ‰ unha auténtica sorpresa …¿por onde queres empezar?
No BETT o pasamos moi ben, como anécdota pavera, contar que no museo británico, o ver as pertenzas que Cleopatra tiña consigo, algún de EDIGa…….dixo:
áááááA min que me metan cunha PDI!!!
hace 5 años
Daquela haberá que organizar algo por eiquí e como di Toño, destinado aos profes que debecen por facer cousas sen a barreira do elevado custo de moitas ferramentas.
Apertas, ademais quero tamén o punteiro laser inalámbrico e un portatil con conexión por se acaso…
hace 5 años
Pois quero empezar por facer un punteiro coma ese, non teño nin idea e logo que me contes os programas e aplicacións!!Sería estupendo aprender!!!Eu quero!!!! a próxima vez marcho de viaxe con vós jejeje