BETT 2010 Preview
O maior evento mundial de tecnoloxía no ensino volta a Londres Olympia, niste xaneiro de 2010, con mais de 600 expositores que exhibirán os seus productos e prevese 30.000 visitantes que asisten de todo o mundo, entre os que se atopará a delegación de EDIGA
Como sabedes un dos II Premios EDIGA consistía nunha viaxe a BETT, polo que en breve e da man de Silvia teremos mais novas e un amplo resumo do que alí se expoña.
Iste video da unha idea do que agarda no BETT 2010 para botar un ollo a algunhas das novas e emocionantes innovacións, que se lanzarán na feira do 2010.
Teachers TV entrevista a algúns dos profesionais que asistirán a BETT e destaca os temas clave que sen dubida influirán na forma da tecnoloxía no ensino para iste ano.
Boa viaxe compañeiras!!
| Imprimir artículo | Este artículo fue publicado por Felo el 11 Enero, 2010 a las 7:07 am, y está archivado en Experiencias. Sigue las respuestas a esta entrada a través de RSS 2.0. Puedes dejar un comentario o enviar un trackback desde tu propio sitio. |




