XA TEMOS GALINUX

Decembro 16th, 2008 por clotilde

La Voz de Galicia publica o día 12 de decembro a presentación dun sistema operativo libre en galego, GALINUX, baseado no Ubuntu e promovido polo Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galicia (Mancomún).

Segundo a información do xornal distribuiranse 5.000 cedés co sistema operativo así coma un paquete de programas que incluirán dende un navegador de Internet, un procesador de texto ou programas de retoque fotográfico.

Pero o nome de GALINUX nace con polémica, xa que no 2006 un grupo de docentes creou unha distrubución de Slackware, modificación de LINUX, co mesmo nome.

http://galinux.mancomun.org/


Format Factory

Decembro 10th, 2008 por Felo

Grazas a Xose Antón que nos achega iste completo programa gratuito permite a conversión de todo tipo de formatos: video (MP4, AVI, 3GP, MPG, FLV e MOV); imaxe (JPG, BMP, PNG, TIF e ICO), audio (MP3, OGG, WMA, M4A e WAV) ademáis de moitas outras posibilidades. Permite tamén ripear películas que se atopen en DVD, reparar arquivos de vídeo e audio que se atopen danados, ou reducir o tamaño dos arquivos multimedia.

Xa o tedes no Xestor de Descargas!!

LIGAZÓN Á DESCARGA DE FORMAT FACTORY


Gymkhana Colaborativa

Decembro 2nd, 2008 por Felo

Ista actividade creouse de xeito colaborativo por mestres sensibilizados nas Tic de diferentes áreas, polo tanto o arco curricular é moi amplio. Os que a proban din que é totalmente adictiva, adoptan roles de investigador e van resolvendo os diferentes enigmas que se lles plantexan.

Hai unha versión para primaria e outra para secundaria.

http://www.redtic.es/gymkhana/


Cambios no ensino??

Novembro 25th, 2008 por Felo

pizarra dixital

As nuevas tecnologías TIC no ensino fracasarán sen un cambio no xeito de ensinar. (La Vanguardia, Barcelona | 22/11/2008)

Se non muda a metodoloxía, as TIC non son ferramentas transformadoras, e o alumnado que as emprega é mais autónomo, atrevido e curioso.

Artigo completo (en castelán)

Numerosos estudios demuestran que el uso en las clases de pizarras digitales, internet y ordenadores puede mejorar la enseñanza, crear otra dinámica pedagógica y una mayor participación del alumnado en el proceso de aprendizaje, mejorar la autoestima del alumnado y el trabajo cooperativo del profesorado. Y esos mismos estudios señalan que la mera informatización de las tareas escolares sólo implica un cambio superficial en la adquisición de conocimientos si detrás no hay un auténtico cambio en el sistema pedagógico y una buena formación del profesorado en las tecnologías de la información y la comunicación (TIC) en las aulas.

Read the rest of this entry »


Grazas Carmela

Novembro 17th, 2008 por Felo

Carmela é a nosa nova listeira que levará a todo o contacto cos usuarios e envíanos unha mensaxe:


Get a Voki now!

;) O caso é que moitas e moitos de vos xa fixechedes boas aportacións, e agardamos moitas mais… para as sorpresas que vos temos preparadas!!

FORMULARIO


II Xornadas EDIGA

Novembro 10th, 2008 por Pepe


Se queres, tamén podes contactar con nos por email


MAIS COMUNIDADE EDIGA… EN NORUEGA!!

Novembro 10th, 2008 por Rosa

E aqui estamos de volta, que é moita viaxe de noso Señor!…

Temos una boísima nova para todos, como é a participación tanto no II CONGRESO EDIGA como no Proxecto de Investigación EDIGA, dos nosos compañeiros dos coles de Noruega e Finlandia, en breve mais información. (O anterior foi en Santiago, acéptanse propostas e suxerencias de toda da comunidade)


Netbooks

Novembro 6th, 2008 por Pepe

Classmate

Xa dimos conta hai tempo do proxecto OLPC de portátil de baixo custo do MIT e mesmo unha calurosa conversa na rolda de correo sobre a utilidade destes aparellos nas nosa aulas; agora chéganos unha interesante reflexión de Julio Real na revista DIM:

Documento pdf: Notebooks e a web 2.0

Qué dicides?… Mesmo xa hai empresas que venden o “Magalhâes” en España…
Descarga E-Mail para un amigo

Mesa de aprendizaxe EDIGASMART.

Novembro 3rd, 2008 por Felo

SMART Table

Se hai unhos días recibiamos a newsletter da vindeira chegada (atentos ao BETT ;) ) do centro de aprendizaxe interactiva SMART Table, os enxeñeiros de EDIGA xa hai tempo que traballaban nunha versión que facilita os roles sociais e a participación no proceso de interactuar co EDI.

Aprendizaxe colaborativa, relacións espaciais, reparto de tarefas…

Mesa EDIGASMART

En breve xogos de MESA!! E qué mais interacións se vos ocorren?


Ese toro enamorado de la…

Outubro 31st, 2008 por Felo

… de las jornadas de educación infantiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiill. ;)

Moitas e moitos de vos xa vistes o potencial do EDI e, agora coa bombilliña prendida, so queda soltar a vosa creatividade… agardamos que fora do voso interese e, por qué non quedamos para o vindeiro II CONGRESO EDIGA?. Se tes algunha pregunta aqui estamos.

No exemplo en directo, so faltou o tapete de ganchillo e a copa de Pedro Ximénez.