´agora rede…proxecto colaborativo

Coido que todos tiñamos no maxin dun tempo a esta parte crear espazos colaborativos onde expor as nosas experiencias, inquedanzas, opinións…sobre o eido TIC  do en ensino en Galiza. Os máis e os menos, crean blogues, plataformas, webs…espazos para espallar a nosa semente e sentirse apoiados nesta labor de definir paradigmas de usos e boas prácticas tecnoeducativas .  Así pois dende ese prisma e filosofía, nace ´agora rede  , coa intención de crear un punto que vertebre iniciativas da web 2.0 galega (blogs, wikis,… ) e aglutine unha rede social aberta de docentes a prol das TIC.

¿Unha iniciativa interesante? Por suposto.
¿Un planet galego?, coido que se esta cociñando e 100% galego.


Leave a Reply