1º Premio EDIGA “Iguais na diferenza”

Premio EDIGaSon Susana Viqueira, o meu traballo “IGUAIS NA DIFERENZA;O SPC NA AULA ORDINARIA CO EDI” xurde a raiz de ter un neno na miña aula con NEAE, non ten linguaxe oral “de momento” e tiñamos que darlle un xeito de poder comunicarse cos demais, o sistema SPC ( sistema pictográfico de comunicación ) pareceunos o que mellor se adaptaba ás súas características, pero non só tiña que coñecer este sistema él , sinon todo o grupo aula, así que de xeito moi lúdico introducinno na aula, a asamblea foi un bo momento, as hipótesis sobre o que significaban diferentes simbolos deulle pé o grupo aula para comenzar a coñecelos .

O traballo elaborado :

Lectoescritura- Un abecedario donde se parte da letra, logo asóciase cada letra coa imaxe dun animal real e o seu igal no sistema SPC , as pantallas seguintes son actividades de lectoescritura,grafomotricidade…etc.

Lóxica-matemática: Traballo conceptos como lonxe -preto, moito-pouco,cheo -baleiro…etc, o conteo, series,agrupacións co diferentes elementos….

Os animais: Tema que motiva especialmente o cativo con NEAE , a través de él traballo ademáis dos nomes , onomatopeias…etc tamén a lóxica matemática e a lectoescritura

Os alimentos: Sobre todo a hora da merenda facilitame traballar este tema, xa que debe identificar o que trae para merendar e buscar as imaxes que o representan, estamos comenzando a elaborar pequenas frases, do tipo….. Brais quere comer galletas utilizando só as imaxes.

O Esquema corporal: fundamental para todos os cativos nestas idades , imaxes pictográficas coas que debe compoñer caras , corpos…asociar vestimenta con diferentes partes do corpo…etc

As persoaxes do castelo: Este curso estamos a traballar con este proxecto ” O meu cole o meu castelo” esto creame a necesidade de crear diferentes actividades relacionadas con esta temática co SPC, aínda que hai moi poucas.

Vantaxes obtidas: Moitas, o EDI é unha ferramenta que consigue centrar a atención dos cativos, motivadora , o pequeno con neae ten problemas a hora de manexar o rato do PC e isto créalle frustración xa que a axuda é constante, mentras que no edi a súa autonomía poténciase , pode mover os elemnetos sin medo , escribir, borrar, non hai límite de manipulación para él.

As expectativas son segui r elaborando materiaís para poder ir axudándolle a comunicarse e establecer relacions significativas cos demais, que interactúe co mundo de xeito activo, amosando os seus intereses e desexos de xeito autónomo a través do SPC e que o seu grupo lle poida entender, así como os demáis membros da comunidade escolar.

Queda moitísimo traballo por facer, pero penso que estamos no bo camiño, él esforzase moito e pouco a pouco ímolo conseguir :).

Ver actividade 2º Premio - CEIP STO PAIO ABAIXO: “Iguais na diferenza”


4 Responses to “1º Premio EDIGA “Iguais na diferenza””

  1. Manuel Says:

    Hoy me gustaria ser la voz de Brais… hoy lo he visto trabajando … hoy su madre lo ha visto trabajando… hoy he visto a su profe disfrutando … Solo cuando un maestro disfruta de y con su trabajo es capaz de forjar las herramientas necesarias para ayudar a un niño a comunicarse … en el caminar del pasillo al aula … todos , TODOS hemos salido ganando. GRACIAS en nombre de BRAIS

  2. profe Rosa Says:

    Bravo!!! Brais te necesitaba a su lado y pronto (muy pronto) con tu ayuda podrá decirte cuanto te quiere, podrá darte las gracias, podrá comunicarse contigo y con todos,….porque cuando lo haga todos tus sueños y todos tus esfuerzos habrán valido la pena. No cambies nunca, sigue soñando porque con tus ilusiones permites a mucha gente hacer realidad sus sueños.

  3. Nuria Says:

    Uff, despois do posto xa non sei como felicitarte! FELICIDADES!

  4. Susana Says:

    Gracias a tod@s!!!!! , é moi gratificante que te premien polo teu traballo, pero moito mellor é pensar que ese traballo pode chegar a valer de axuda a unha sola persoa que o necesite, esa é a mellor recompensa.
    En eso andamos . Gracias de novo . Un biquiño

Leave a Reply