Archive for Decembro, 2007

Axudamos a…Peter Packet!!!

Luns, Decembro 31st, 2007

Dentro da liña dos Serious Games (aqueles xogos nos que existe unha funcionalidade máis aló da lúdica) está Peter Packet.

O seu principal obxectivo é o de ensinar como é internet e como funciona. A nosa misión e a de axudar a Peter , un paquete que leva as mensaxes de correo dunha persoa a outra; pero a nosa misión non está exenta de atrancos…virus, hackers, problemas na rede, fendas dixitais…

Altamente recomendable :)


Notebook 10…falta pouco!

Sábado, Decembro 22nd, 2007

notebook 10

Falabamos noutras entradas sobre o Notebook e os seus aspectos positivos e negativos:

http://ediga.net/blog/tutorial-basico-de-notebook/
http://ediga.net/blog/ferramenta-smart-lesson-activity-toolkit/

Pois ben, parece ser que está a piques de saír unha nova versión, Notebook 10, e o seu “berce” de presentación seica será BETT 08 .

Como novidades temos:

- Maior sinxelexa e personalización nas navegacións e diapositivas
- Personalización das gravacións.
- Un ¿Timeline?, posibilidade de crear animacións e efectos de movementos predefinidos coma o SWISH.
- Ferramentas de debuxo intelixente, que interpreta as as formas.
- Alineamentos automáticos.
- Inserción de táboas, anidamentos, personalizacións.
- …

O iso dín dende a súa carta de presentación en BETT.

Estaremos alí para probalo, entre outros productos, e ser críticos dabondo; pero particularmente seica esta nova suite promete, pois pode consolidarse como un híbrido entre a versatilidade do Powerpoint e a potencia multimedia do Flash sen perder a súa esencia, a educativa.

Ogallá se cumpla a fórmula: Powerpoint+Flash+Educación=Notebook …ogallá !!! :)


Premios a Innovación Educativa 07…Xogamos?

Venres, Decembro 21st, 2007

galardonUnha enchenta de premios de calidade están saíndo neste mes da man da CEOU.

- Premios a innovación educativa
- Premios a recursos educativos para a sociedade da información

O máis salientable o do noso “Brazo de Mar”e incansable compañeiro Felo Couto, Primeiro Premio en ferramentas de autor co “Proxecto: Xogamos?”; non só pola cuantía (6000€) senón pola repercusión que pode ter a hora de utilizar mencionada ferramenta co uso do EDI.

E de salientar que a equipa que realizou o proxecto e de categoría, posto que ademais de estar de frontman/coordinador o noso compañeiro, Fran Macias e Xose Antón Vicente están detrás do mesmo.

O coordinador tiña que ser de Monte Alto, e que che somos así!!! :)

Máis info:
http://www.codigocero.com/spip.php?article3144
http://engalego.blogspot.com/
http://tadega.net/Bitacora/premio-innovacion-educativaxogamos/
http://www.sociedadedainformacion.eu/actualidade/nova.php?id=804&lg=gal


Idesktop…vídeos a esgalla para o EDI

Mércores, Decembro 19th, 2007

idesktop

O que vedes na imaxe e un pedaciño de iDesktop.tv, un sitio que ofrece unha forma alternativa de navegar e ver vídeos de youtube.
Cada video pode ser votado, distribuido pola pantalla e baixado ao ordenador, nun aspecto que aproveita o tamaño de la xanela para amosar o maior número de vídeos posible.

Podemos crear os nosos playlist cos mellores vídeos clasificados por temáticas, particularmente o uso bastante en educación física para facer monográficos (os ósos, a hixiene, deportes na rúa…) sobre diferentes contidos traballados.

Para os que non acostuman a prestar atención aos comentarios e prefieren ir a esencia, probade iDesktop.tv é una excelente opción para o traballo cos vídeos no EDI, poís posibilita a descarga en FLV.

ifilsh

Aínda que se atopamos outros vídeos noutras plataformas (google video, metacafe, veotv, stage6 e outros inmortais da nova rede) sempre poderemos convertilos a calquer formato con estoutra ferramenta filsh.net así como reducir o seu audio/vídeo (bitrate/proporcións).
Xa non temos escusas para non enriquecer as nosas actividades co EDI. :)


EDIs na Televisión Galega

Mércores, Decembro 12th, 2007

Da man da nosa benquerida compañeira Rosa (Craescuela) do Cra de Ponteceso, podemos disfrutar dunha retransmisión emitida na CRTVG (13-11-07) baixo o epígrafe de:

“Encerados Dixitais nas aulas…¿Adeus o xiz?”

Grazas Rosa :)


Ferramenta Smart “Lesson Activity Toolkit”

Sábado, Decembro 8th, 2007

Lesson Activity Toolkit

Unha nova ferramenta da man de SmartBoard para enriquecer as nosas clases. Chámase “Lesson Activity Toolkit”, algo así como “Caixa de Ferramentas para facer Actividades” :) .

O podemos descargar dende aquí, e instalarase no apartado de Galerias do mencionado Notebook.

Temos dous apartados diferenciados:

Creador de actividades:

Nun primeiro instante lembra a dúas ferramentas de autor como son o HotPotatoes e o LIM pola diversificación de actividades, as súas plantillas personalizables e a súa sinxeleza na utilización

Así pois,  poderemos facer actividades de asociacións, resposta múltiple, agrupacións…dun xeito ben sinxelo, simplemente editando as posibles preguntas e as respostas; lembra ao Interwrite Sims, aínda que máis estético e personalizable.

Toolkit screencaps

Ferramentas:

Algunhas delas moi interesantes posto que facilitan a creación de miniactividades ao darlles moita interactividade; barras informativas, preguntas-resposta, xeneradores de palabras,…

Xa non temos perdón para non avaliar todas esas actividades que facemos !!! :)


WORLDVILLE

Luns, Decembro 3rd, 2007

whiville.jpgGalicia, trampolín dunha plataforma educativa para todo o mundo hispano Whyville transformarase en Worldville e implantarase de inmediato a través de Internet en 20 centros galegos. A NASA, Toyota e o Museo Getty figuran na lista de profesores da cidade virtual Whyville, unha plataforma de alta tecnoloxía que comezará a implantarse nunha vintena de colexios públicos de Galicia no curto prazo e de aí estenderase ao resto, así como a toda a comunidade hispanohablante do mundo.

A iniciativa, implantada xa en Estados Unidos, anúnciase como revolucionaria no sistema educativo. A base é aprender xogando/. Os nenos entran no mundo virtual creando o seu propio personaxe e, a partir de aí, aprenderán vectores a través dunha clase de baile; o movemento dos iones e electróns con outro xogo que se desenvolve nunha nave espacial, e o porqué do quecemento global do planeta para afrontalo dun xeito responsable. Os nenos virtuais, neste caso, nacen cunha pegada de CO2 e aprenden que o seu comportamento é fundamental para que o planeta siga sendo habitable. Tamén aprenden hábitos saudables de alimentación e, se non os cumpren, a súa saúde virtual irase deteriorando progresivamente.

(more…)


SMART SEMINARS AT BETT 2008

Luns, Decembro 3rd, 2007

Learning matters ICT strategies for success:

Date: 11 January, 2008
Time:
8:30 – 13:45
Venue:
Christie Room, Hilton Kensington, London, UK

8:30 – 8:50 Coffee; Registration
8:50 – 9:05 Welcome and opening remarks by Nancy Knowlton, CEO, SMART Technologies
9:05 – 9:50 Panel Discussion: “Personalized/mobile learning”

· Roger Blamire, Senior Manager Policies and Practice,European Schoolnet,
· Lilla Voss, Chief Adviser, Ministry of Education, Denmark
· David Whyley, E-Learning consultant, City of Wolverhampton, United Kingdom

9:50 – 10:15 “Assessment – Measuring student learning outcomes”
To be confirmed (Mick Waters, Director of curriculum, Qualifications and curriculum authority, United Kingdom)
10:15 - 10:30 Break
10:30 – 10:55 Impact of Interactive whiteboard technology use in classrooms

· Bridgit Somekh, Professor of educational research, Educational and social research institute, Manchester Metropolitan University

10:55 – 11:35 “ICT in education and global workforce competitiveness”

· Douglas Brown, Deputy Director, Technology Futures Unit, Department for Children, Schools and Families, United Kingdom

11:35 – 12:20 “Large technology roll-out – success factors”

· Carole McDiarmid, Regional Director, Education & Training-Western NSW Region, Australia
· Red.es, Spain

12:20 – 12:35 SMART Products in Education
12:35 – 12:45 Closing Remarks
12:45 - 13:45 Lunch

www.bettshow.com