Archive for Febreiro, 2008

O EDI nas escolas primarias do Reino Unido.

Luns, Febreiro 4th, 2008

BECTA Neste tempo de antroido e cachucha, eu aínda atópome dixerindo mais informacións que trouxemos do BETT (que vai a dar para moito). Una das mellores montaxes alí había era a do BECTA . O BECTA é a Axencia do governo británico para o impulso das TIC no ensino e o seu emprego eficaz e innovador a través da aprendizaxe.

Curiosamente unha das investigacións mais interesantes do BECTA é respecto ao EDI e o seu proxecto de expansión polas escolas de Primaria, co obxectivo xeral de determinar o impacto educativo e a eficacia operacional do proxecto de EDI nas escolas primarias identificando os beneficios de empregar o EDI nas matemáticas, a linguaxe… mesmo os beneficios de empregalo EDI con alumnos de necesidades educativas específicas de apoio educativo (SEN en inglés: Special Educational Needs)

Os cuestionarios que se pasaron polas escolas, reflicten agora en coñecer onde se atopan os EDI, cando os encendían, que mestres os empregaban, qué vantaxes notaban nas súas áreas… en fin se a lingua de Shakespeare nolo permite é un documento sen desperdicio para sacar as nosas conclusións. Para cando o BECTA galego?

Ligazón ao documento “Whiteboards summary” (pdf en inglés)


Do2learn…Pizarra Dixital e Necesidades Educativas

Venres, Febreiro 1st, 2008

dotolearnAo fío do anterior post do noso compañeiro Felo; xa facía tempo que non pasaba por Do2learn , hoxe estiven a fedellar na súa páxina e quedeime gratamente sorprendido polos recursos que agora ofertan de gran plasticidade para o EDI:

- Fotografías da disposición das alulas segundo as necesidades.
- Xogos de estimulación sensorial. Gratuitos ou de pago-
- Propostas de actividades.
- Material para imprimir
- Guías de diagnose para necesidades educativas
- …

Merce a pena se non o coñeciades!!!
http://www.do2learn.com
Un saúdo