Archive for Abril, 2008

Uso lúdico dunha webcam.

Martes, Abril 22nd, 2008

Ao fío do anterior artigo, e dentro do mesmo proxecto sobre “Saúde Dixital. Saúde Laredo”, exploramos as posibilidades dunha infravalorada webcam nos nosos centros educativos (ver “Lector Documentos Lowcost”), sen WIIs nin PS2 utilizamos recursos da rede para interactuar e xogar coas Novas Tecnoloxías tendo como referente un eido fundamental o lúdico e o social, somentes cunha webcam!!!.

Para mostra, un vídeo, que as veces se fala se fala do que se fai pero non se amosa :) :

Recursos utilizados:

- De orfebrería tecnolóxica e para NEE da man do noso Compañeiro J. Fonoll:  Xtec Fonoll
- Para Educ. Infantil:
Kukakumma
- Para Educ. Primaria C.I y C.II: Camgoo
- Para Educ. Primaria C.III e ESO: Ovo The game
- Para os exploradores: Webcam games
- Outras maneiras de usar a webcam: Mando, Headev

Xa contaredes doutras propostas!!!


Bailando, pasome o día…Stepmania!!

Domingo, Abril 20th, 2008

Pois si, despois dunhas semanas trebellando con compañeiros/as con diferentes soportes, coido que un deles fixo as ledicias de moitos/as, non só polas súas posibilidades educativas, senón personais, así que coido respostar a eses mailings :) .

Fai un ano desenvolveuse no meu centro un proxecto sobre “Saúde Dixital; Sáude Laredo” o que se pretendía co mesmo era a desdramatización dos soportes tecnólóxicos na aula en aras á promoción de estilos de vida saudables, así mesmo enfocar o eido lúdico dos videoxogos dende unha perspectiva socio-educativa e non estrictamente hedonista e individual.

Un dos aparellos traballados era a “alfombra máxica” (dancepad), con posibilidades infinitas na aula (psicomotricidade, educación física, música…), para todas as etapas educativas.

Para mostra un vídeo:

Ao final do Proxecto (pretest-postets) pretendeuse extraer conclusións sobre como este uso dos videoxogos dende as aulas poderían modificar a percepción dos mesmos nos rapaces así como contribuir ao control e conciencia do IMC en rapaces de risco.

Máis Info: http://www.stepmania.com/
Descarga programa dende: http://www.stepmania.com/wiki/Downloads
O soporte mercalo dende: http://www.hardcore-gamer.net/
Xogar online con outros centros: http://www.stepmaniaonline.com/

P.D: Despois de varias semanas de entreno, xogamos online con outros paises…vaia palizas deronnos uns japoneses :) .

Xa contaredes!!!


Adeus cores, adeus rotus…Vulcan Smart Board

Venres, Abril 18th, 2008

En fin coido que era de esperar, unha novo encerado táctil SmartBoard na que os rotus van “esvaecéndose”,un problema menos para eses centros que se paralizan no uso do EDI cando perden un, o un problema engadido para cando o perdan :).

Leo en EDUCATIC da man dun colaborador:

O novo modelo SMART Board 680 Vulcan, preparado exclusivamente para o mercado português e em especial para o sector da Educação (¿¿ que mo expliquen ?? :) ), foi lançado recentemente pela SMART. Apresenta um preço especial de campanha de 945€ e difere dos restantes quadros interactivos da SMART Technologies por não apresentar um tabuleiro de canetas.

Máis info: SB Vulcan


O Primeiro Encerado

Xoves, Abril 17th, 2008

Vexo nunha das miñas bítaras favoritas, un video que  coido que é espello nos centos educativos: necesidade de liderazgo organizativo, implicación, formación…todo da man dunha comunidade de docentes “Los Quemaos” :) .

 


Proxectores lowcost (seguimos de rebaixas)!!!!

Luns, Abril 14th, 2008

Da man do noso compañeiro Ricardo e grazas a nosa lista de correo temos a seguinte información:

“Hola a todos,

Os adjunto las instrucciones para poder fabricar un proyector muy
baratito, para poder equipar un aula sin gastar locuras .

Tan pronto como localice la fabricación de ordenadores baratos os los
hago llegar. Por cierto, creo que el próximo domingo en Bricomania nos
enseñan a construir pupitres y sillas.

Un saludo,

Ricardo”

Read this doc on Scribd: proxectores baixo custo

Descargar Arquivo: Proxectores_baixo_custo

Máis info:

http://www.proyectordiy.com/news.php
http://www.proyectorbarato.com/
http://www.gp32spain.com/foros/showthread.php?t=8824
http://www.hard-h2o.com/saltapagtema/34209/60.html


EDIs “Low Cost” Galegos !!!!

Domingo, Abril 13th, 2008

Ao fio do aporte do noso compañeiro Suso Lojo (Ceip de Arzúa) na lista de correo de EDIga.net, comento unha nova que fará chover rios de tinta sobre o inflamable discurso:

Aparellos TIC “lowcost vs high cost” na procura dun “right cost” ou galeguizando, a pesquisa da triple B (Bo, bonito e barato)

Read this doc on Scribd: pantallas-de-baixo-custo-galegas

Descarga Arquivo en PDF: PDI_Lowcost_made in Galicia

Noutra lista; DIM , falouse tamén longo e tendido do tema, ideas coma; usabilidade, robusted, fiabilidad, automatismos, electrodomésticos TIC, IKEA TIC, autoxestión dos centros, nivel coñecemento 0, etc…puxéronse na mesa en posturas ben diferenciadas que tiñan como punto en común o cambio metodolóxico necesario en educación.

¿Ti que opinas?

Grazas pola nova Suso.

 


EDIs e IKEa

Sábado, Abril 12th, 2008

Ultimamente se me da dado por decir en los cursos que notebook es como ikea, totalmente modular: este mp3 lo combino con esta imagen que me sirve para esta actividad. Luego pillo este flash de otra actividad y la meto en la actividad porque me combina muy bién, Todo encaja, todo funcional.


O Pirulo Dixital Interactivo (esta vez PDI)

Martes, Abril 8th, 2008

Co ben di o meu compañeiro Felo, que ganas temos de ver o “Pirulo Dixital” nas nosas aulas, ademais sinxelo de montar (o iso parece), nin os de IKEA :).


O que sí parece que o “pirulo” queda para usuarios corporativos (empresas) e o novo que é mais cadrado, para o eido educativo:
600i series 600i education


Uso educativo da Tableta Dixital

Martes, Abril 8th, 2008

Tiña esquecido este video feito ao comezo do curso sobre o uso da tableta dixitalizadora, non tablet PC, que pode potenciar moi e moito a utilización do ED (Encerado Dixital) non (Encerado Dixital Interactivo).

“Pizarrita Máxica” chámanlle algúns; o símil o propón un neno de 7 anos ao comentarlle a outro que era e para que servía:

“É coma si escribirás co xiz na túa mesa e escribiras no encerado ao mesmo tempo sen ter que levantarte!!!”

As posibilidades da tableta son moitas así como a utilización de calquer soporte inhalámbrico (rato e teclado) nas nosas aulas que permiten deslocalizar o uso das NNTT e fomentar unha utilización social dos aparellos.


Videos do SMART Teachers Day (IV)

Martes, Abril 1st, 2008

A escola Isobel Mair, no concello de Renfrewshire do Reino Unido (UK), atende a rapaces de 5-18 anos con grandes dificultades no aprendizaxe; como veredes tamén empregan o EDI e estan moi contentos cos resultados. Grazas novamente Pepa ;)


http://www.ea.e-renfrew.sch.uk/isobelmair/