1º Premio EDIGA “A Primavera”
Xoves, Maio 29th, 2008
Hola, boas a todos, son Monica do CRA de Bergondo. Nos levamos o primeiro premio polo noso traballo,estamos moi contentos xa que supon unha motivacion importante para seguir traballando.
O noso traballo consistiu nunha unidade didactica que englobaba as tres idades de ed. infantil (3,4 e 5 anos) e trataba a primavera de maneira global (clima, vestimenta, musica, poesias,…), para que todos os mestres do noso CRA colaborasen activamente, cada un diseñou unha paxina de actividades, ademais diso, en reunions colectivas recollimos ideas para elaborar a unidade.
A reaccion dos nenos/as foi boa, aprenderon todo o que nos interesaba en pouco tempo, realizaron as actividades na pantalla, surxiron novas inquietudes,.. en resumo, o resultado foi moi positivo e motivante.
Actualmente estamos a traballar nun proxecto de aprendizaxe das letras, nos utilizamos o pais das letras asi que se nos ocurriu facer un conto na PDI de cada unha das letras para que resultase motivante para os nenos/as e incorporarlle algunhas fichas de grafomotricidade para que eles as puidesen facer na pizarra, o obxectivo e unificar este metodo en todas as unitarias do noso CRA sempre que os titores esten de acordo.
Cando vexades a nosa unidade A Primavera esperamos que vos guste e que lle saquedes partido.
Gracias.
Ver Actividade. 1º Premio- CRA BERGONDO: “A primavera”









