Archive for Decembro, 2008

XA TEMOS GALINUX

Martes, Decembro 16th, 2008

La Voz de Galicia publica o día 12 de decembro a presentación dun sistema operativo libre en galego, GALINUX, baseado no Ubuntu e promovido polo Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galicia (Mancomún).

Segundo a información do xornal distribuiranse 5.000 cedés co sistema operativo así coma un paquete de programas que incluirán dende un navegador de Internet, un procesador de texto ou programas de retoque fotográfico.

Pero o nome de GALINUX nace con polémica, xa que no 2006 un grupo de docentes creou unha distrubución de Slackware, modificación de LINUX, co mesmo nome.

http://galinux.mancomun.org/


Format Factory

Mércores, Decembro 10th, 2008

Grazas a Xose Antón que nos achega iste completo programa gratuito permite a conversión de todo tipo de formatos: video (MP4, AVI, 3GP, MPG, FLV e MOV); imaxe (JPG, BMP, PNG, TIF e ICO), audio (MP3, OGG, WMA, M4A e WAV) ademáis de moitas outras posibilidades. Permite tamén ripear películas que se atopen en DVD, reparar arquivos de vídeo e audio que se atopen danados, ou reducir o tamaño dos arquivos multimedia.

Xa o tedes no Xestor de Descargas!!

LIGAZÓN Á DESCARGA DE FORMAT FACTORY


Gymkhana Colaborativa

Martes, Decembro 2nd, 2008

Ista actividade creouse de xeito colaborativo por mestres sensibilizados nas Tic de diferentes áreas, polo tanto o arco curricular é moi amplio. Os que a proban din que é totalmente adictiva, adoptan roles de investigador e van resolvendo os diferentes enigmas que se lles plantexan.

Hai unha versión para primaria e outra para secundaria.

http://www.redtic.es/gymkhana/