As Pizarras de xiz…
… se van todas a la basura!!!
A verdade é que a tecnoloxía en xeral, na realidade traducese en que serve moito para os traballos burocráticos dos mestres coma informes, programacións, o adicto ao powerpoint que hai en todolos centros… pero pouco para o emprego directo cos alumnos dentro da aula elaborando materiais digitais e obxectos de aprendizaxe,
No meu cole, grazas a chegada do EDI xa estamos a traballar con el dentro do aula, e sobre todo as novas estratexias que posibilitan non so o encerado senon o software, que non precisa grandes coñecementos informáticos para insertar unha imaxe, vincular un son, unha animacion, cambiar as propiedades, etc. etc, Agora no resto das aulas estan sacando as pizarras de tiza para facerlle sitio ao EDI
Coido que a grandes liñas poderia decir que o EDI tamén elimina a “barreira” tecnolóxica que tiñan/teñen os profes no emprego do ordenador. As novas estratexias que dicia que trae consigo o software, pasan por que o rapaz “aprenda facendo” e que se quere ter na pantalla un oso… vai a ter que ser él o que introduza o oso. Se quere que o seu amigo panda coma un bambú, vai ser él quen lle leve o bambú ao panda (ollo, que non o arbusto, nin as follas de loureiro, se… etc etc), se quere que ao premer no panda se escoite… vai ter que ser el… e así vaise construíndo unha aprendizaxe e un diálogo na que os alumnos traballan xuntos coa axuda/supervision do mestre pero son os propios alumnos os construtores…
Xa estamos a gravar aos nosos artistas para que os vexades en accion!!
Apertas interactivas, Felo
Xaneiro 29th, 2008 at 12:08 am
No meu cole non hai xiz pero si Veleda e por desgracia estarán ahí polo menos 10 anos máis jijijijiji