Bailando, pasome o día…Stepmania!!

Pois si, despois dunhas semanas trebellando con compañeiros/as con diferentes soportes, coido que un deles fixo as ledicias de moitos/as, non só polas súas posibilidades educativas, senón personais, así que coido respostar a eses mailings :) .

Fai un ano desenvolveuse no meu centro un proxecto sobre “Saúde Dixital; Sáude Laredo” o que se pretendía co mesmo era a desdramatización dos soportes tecnólóxicos na aula en aras á promoción de estilos de vida saudables, así mesmo enfocar o eido lúdico dos videoxogos dende unha perspectiva socio-educativa e non estrictamente hedonista e individual.

Un dos aparellos traballados era a “alfombra máxica” (dancepad), con posibilidades infinitas na aula (psicomotricidade, educación física, música…), para todas as etapas educativas.

Para mostra un vídeo:

Ao final do Proxecto (pretest-postets) pretendeuse extraer conclusións sobre como este uso dos videoxogos dende as aulas poderían modificar a percepción dos mesmos nos rapaces así como contribuir ao control e conciencia do IMC en rapaces de risco.

Máis Info: http://www.stepmania.com/
Descarga programa dende: http://www.stepmania.com/wiki/Downloads
O soporte mercalo dende: http://www.hardcore-gamer.net/
Xogar online con outros centros: http://www.stepmaniaonline.com/

P.D: Despois de varias semanas de entreno, xogamos online con outros paises…vaia palizas deronnos uns japoneses :) .

Xa contaredes!!!


2 Responses to “Bailando, pasome o día…Stepmania!!”

  1. Mariló Says:

    Moi divertido…eu non paro de sudar. Agora ata podedes atopar as alfombras en USB de venta nos hipermercados habituais.

    Agora co Wii FIT, tamén imos facer moiiiiito deporte na casa:
    http://www.nintendo-center.com/articulo.php?r=Videojuegos/%2B68041/

  2. EDIGA » Blog Archive » Uso lúdico dunha webcam. Says:

    [...] EDIGA Encerado Dixital Interactivo Galicia « Bailando, pasome o día…Stepmania!! [...]

Leave a Reply