BETT 2008 (Londres)

ediga2008

Moito que ver nesta Feria; unha representación de EDIGa dirixiuse a Feria de BETT (mostra tecnolóxica en educación máis importante de Europa.) para comprobar “in situ” a vangarda das New Tech, TIC, ICT….en educación.

Poís alí estivemos un Grupo ben nutrido de EDIGa:

Felo , Rosa, Ivana, Clotile, Mariló , Iván, Ricardo, Fernando, Paulo…

Polo camiño, atopámonos con persoeiros a nivel nacional no mundo das TIC.

Gaspar,Víctor Bermejo, compañeiros de Red.es… Dispostos a fedellar e fedellar con produtos de todo tipo.

Destacamos 3+1 bloques ben diferenciados na Feria

Software: A intuitividade, usabilidade, accesibilidade dos Softwares presentados; pódese apreciar unha evolución dos mesmos cara ese sentido. Cada vez moito máis amigables, personalizables e específicos.

Destacamos por todo isto: Rectable

Plataformas online: Na actualidade e un requisito necesario enriquecer as nosas propostas curriculares (proxectos, unidades, actividades… ) con soportes online que favorezan un apoio teleformativo (B-learning). Multitude de alternativas existen no mercado para apoiar a labor educativa; blogs, plataformas de xestión educativa, cursos online,….de tódalas cores e sabores. Primando as experiencias depositadas nelas coma xerme de cambio metodolóxico.

Destacamos por todo isto: Espresso Education

Hardware: os reis indiscutibles foron as PDI, ata o punto de ser un soporte omnipresente en calquer stand para poder presentar calquer produto. Apreciábase unha evolución lóxica das mesmas ao integrar Canóns e Encerados de xeitos elegantes, así como ver unha maior presenza de retroproxectadas, a conectitividade multiplícase así como a sinxeleza da súa utilización, . Tamén podíase ver unha clara aposta educativa cara aos soportes móbiles (teléfonos, PSP, PDAs) en proxectos educativos:

Destacamos por todo isto: SmartBoard

O Usuario, rei indiscutible de todo o “tinglado”; alumno, profesor,…todo xira ao redor do usuario, dándolle unha dimensión social ao produto, permitíndolle personalizalo todo posible para adaptalo as súas necesidades. Con todo podemos falar, sen lugar a dúbidas de Tics 2.0, xeralizando o concepto.

Por niveis educativos podemos destacar tamén:

Infantil: Noisy Things
Primaria: 2paintapicture
Secundaria: MathJournal
Necesidades Educativas Especiales. Mayer-Johnson

Así pois para nós o produto éstrella (o máis completo) era o que intentase aglutinar de maneira notoria eses tres bloques dun xeito natural:


- Tivese un Software o suficiente versátil e intuitivo, amigable.
- Creara unha comunidade ao seu arredor, favorecendo a difusión de experiencias, contidos.
- Fora un soporte que implicase unha relación/interacción máis humana co ordenador.

Mágoa que neste aspecto, nós como xurado, non chegaramos a un fallo consensuado, aínda que se barallaban varias alternativas:
SmartBoard
Mayer-Johnson

PSPineducation
¿Axúdasnos a ter un ganador?

Con todo unhas xornadas, moi interesantes, non só polo visto, senón polas persoas.

e logoP.D. Visita obrigada era un paseo pola urbe, así pois, o British Museum foi un dos nosos obxectivos. Preguntar por Ivan, guía español, e a súa “Freak Guide: From Cleopatra to The actually .”  :)  Grazas!!!

De propina un video do máis bailón no “tube” de London; non todo ía ser traballo:




8 Responses to “BETT 2008 (Londres)”

  1. Belén Says:

    Que ben o pasades! je je

    Bicos

  2. Loaira Says:

    Qué bueno!

    Eso si que es un grupo de trabajo!!! Esa marcha de la teacher (supongo) y Mariló!

    Muy bien! : )

  3. Xosé Antón Says:

    Vexo que todas as recomendacións que facedes son de pago. Supoño que son os que sufragan este tipo de feiras. De todos os xeitos, grazas por achegarnos este resume.

  4. Abraham Says:

    Totalmente certo Xosé Antón, a industria tecnolóxica educativa foi a única raiña de BETT; ata iniciativas tipo OLPC tintábanse de “intermediarios” que vendían os aparellos por lotes. O máis curioso de todo, e que a entrada a Feria era de “balde”, aínda que esixia un riguroso rexistro dos teus datos o que derivaba nunha tarxeta cun código de barras. Así pois cando ias a un stand, os comerciais “enchufabante” o lector de barras para enviarche a información do produto, vendendo así de maneira constante os teus datos, ¿de balde a entrada?. Na actualidade coido que non lle damos importancia aos nosos datos, ata nos fai gracia que aparezan na rede, aínda que nun futuro próximo a confidencialidade dos mesmos será un ben moi preciado.

  5. Lorena Says:

    Que ben o pasades!!!Para a próxima apúntome se me deixades!!Quero probr o da WII quen me axuda?Apertasssssss

  6. Mariló Says:

    Eu te axudo Lorena, polo de agora estou na fase de aprender o manexo con programas varios, facendo uso do mando como se fose un mando inalámbrico. É unha auténtica sorpresa …¿por onde queres empezar?

    No BETT o pasamos moi ben, como anécdota pavera, contar que no museo británico, o ver as pertenzas que Cleopatra tiña consigo, algún de EDIGa…….dixo:

    ¡¡¡¡¡A min que me metan cunha PDI!!!

  7. Pepe Says:

    Daquela haberá que organizar algo por eiquí e como di Toño, destinado aos profes que debecen por facer cousas sen a barreira do elevado custo de moitas ferramentas.

    Apertas, ademais quero tamén o punteiro laser inalámbrico e un portatil con conexión por se acaso…

  8. Lorena Says:

    Pois quero empezar por facer un punteiro coma ese, non teño nin idea e logo que me contes os programas e aplicacións!!Sería estupendo aprender!!!Eu quero!!!! a próxima vez marcho de viaxe con vós jejeje

Leave a Reply