Calculadora Máxica!!!
Dándolle voltas ao visto en Bett, concretamente ao MathJournal (unha ferramenta que automatizaba sumandos e demais) atopamos na rede un recurso de balde da man da Universidade Británica de Swansea concretamente dos investigadores Harold Thimbleby e o seu fillo Willy. Así pois puxémonos en contacto con eles para poder “galeguizar a súa ferramenta” e usala nas nosas labores docentes.
Podes descargar a aplicación dende aquí: Calculadora EDI (sen misterios, nin avisos).
Observacións: para iniciar o programa só é necesario descomprimir o cartafol, executar o arquivo calculadora_edi.jar e ter instalado a tecnoloxía Java no PC
Os autores prométennos unha sorpresa en breve e quen sabe se algunha visita a Galiza :).
Grazas Thimbleby!!!.
Febreiro 8th, 2008 at 11:20 pm
Vaia vaia, noraboa polo descubremento e a galeguizacion, esta moi moi ben
Parabéns
Febreiro 9th, 2008 at 12:11 am
Me lo quedooooooo!!!!!!!!!!!
O que imos disfrutar nas clases de mates. Ahora ai que sacarlel partido a esto, vexo moitas, moitas posibilidades.
Jrassias mil sobre todo pola tradución.
Febreiro 9th, 2008 at 12:59 am
Non funciona en Linux ou se me escapa algo?
Non vexo o reloxiño nin a papeleira. Escribo os números pero non fai nada.
Ademáis do Java, hai que ter instalado algún software de recoñecemento de caracteres?
Febreiro 11th, 2008 at 10:13 am
Supoño que ten que funcionar en linux. O reloxo e a papeleira están a dereita, a ver si te corta algo ¿miraches a resolución da pantalla adecuada? Se executa nunha ventana pequena, a ver si a pantalla completa non vai. Os gráficos son png ¿van en linux? supoño que si….
O tema do software de recoñecemento….penso que non, vouno probar nun PC que non teña nin o software do encerado nin nada similar.