PINBAC (Pizarras Interactivas Baixo Custo) Galicia
Domingo, Xuño 15th, 2008Xa dispoñemos da primeira PINBAC (PAntalla de Baixo Custo) galega, e dun primeiro “dosier ” que explica dun xeito moi sinxelo o seu funcionamento acompañado dun pequeno vídeo para comparar o seu grao de perfeccionamento con respecto aos demais sistemas e experiencias coñecidas.
O custo é moi axustado para un prototipo (+/- 150 €) e sen dúbida algunha a súa dependencia do Wiimote ( o mando e regreta da Wii como tal) é temporal ata que sexa posible a súa produción en serie (cos mandos e regretas propios).
Nun futuro inmediato (setembro ou outubro deste ano 2008) presentaremos en directo o seu funcionamento para aqueles mestres e centros interesados en coñecelo e experimentalo en vivo. Nesta ocasión desexamos contar coas opinións positivas e negativas, ao tempo que poderedes preguntarlle aos técnicos do Instituto Tecnolóxico tódolos aspectos e pormenores do software e hardware empregados no sistema e das posibilidades de produción e mellora do mesmo.
VIDEO
DOSSIER
Grazas pola vosa atención e polo voso tempo.
Hola, somos Dolo , María e Gela do 








