Archive for the ‘Infantil’ Category

Tableta Dixitalizadora en Infantil

Sábado, Xuño 7th, 2008

Achégovos unha experiencia formidable sobre o uso dunha tableta dixital sen fíos:

Máis información: http://pequesreboreda.wordpress.com/


Xogamos a aprender…

Luns, Xuño 2nd, 2008

pulpi
A nosa compañeira Bea (CEIP Ponte dos Brozos) comparte con nós os recursos, experiencias e materiais traballados na súa aula grazas á súa nova bitácora “Xogamos a aprender. A Bitácora dos Pulpis”, na que alumnos/as de 5 anos traballan co EDI e a rede dun xeito “natural”.

Grazas :) !!!


WORLDVILLE

Luns, Decembro 3rd, 2007

whiville.jpgGalicia, trampolín dunha plataforma educativa para todo o mundo hispano Whyville transformarase en Worldville e implantarase de inmediato a través de Internet en 20 centros galegos. A NASA, Toyota e o Museo Getty figuran na lista de profesores da cidade virtual Whyville, unha plataforma de alta tecnoloxía que comezará a implantarse nunha vintena de colexios públicos de Galicia no curto prazo e de aí estenderase ao resto, así como a toda a comunidade hispanohablante do mundo.

A iniciativa, implantada xa en Estados Unidos, anúnciase como revolucionaria no sistema educativo. A base é aprender xogando/. Os nenos entran no mundo virtual creando o seu propio personaxe e, a partir de aí, aprenderán vectores a través dunha clase de baile; o movemento dos iones e electróns con outro xogo que se desenvolve nunha nave espacial, e o porqué do quecemento global do planeta para afrontalo dun xeito responsable. Os nenos virtuais, neste caso, nacen cunha pegada de CO2 e aprenden que o seu comportamento é fundamental para que o planeta siga sendo habitable. Tamén aprenden hábitos saudables de alimentación e, se non os cumpren, a súa saúde virtual irase deteriorando progresivamente.

(more…)