Falabamos noutras entradas sobre EDUSIM (agora en NING), unha entorna de traballo inmersivo que parte de enfoques constructivistas, no que como “demiurgo”, creas un mundo personalizado e lle dotas de contidos e interaccións. Mencionadas bases son cada vez máis sostidas dende enfoques máis lúdicos e sociais, eche o caso de Hangout (Second Life+MySpace+Haboo), unha entretida ferramenta coa que podes crear unha habitación, en principio, sentarte cos teus amigos e parolar …
Finalistas no TechCruch08 (referente do mundillo 2.0 e tecnolóxico, xermolo de todos os post do mundillo Copy&Paste 2.0 )
Iso sí, polo de agora entramos na “casa” Hangout con invitación, esperade un par de días.
Ao fío do tema, un interesante proxecto da nosa compañeira Leti http://facemosunhacasa.blogspot.com/
O Aperturismo da aprendizaxe e a constante neste libro, que apenas olleei debido as miñas 14″ de pantalla. Economía educativa, administracións, docentes, discentes,…todos a prol de crear na rede a base da educación e a aprendizaxe…non queda outra .
Xa dispoñemos da primeira PINBAC (PAntalla de Baixo Custo) galega, e dun primeiro “dosier ” que explica dun xeito moi sinxelo o seu funcionamento acompañado dun pequeno vídeo para comparar o seu grao de perfeccionamento con respecto aos demais sistemas e experiencias coñecidas.
O custo é moi axustado para un prototipo (+/- 150 €) e sen dúbida algunha a súa dependencia do Wiimote ( o mando e regreta da Wii como tal) é temporal ata que sexa posible a súa produción en serie (cos mandos e regretas propios).
Nun futuro inmediato (setembro ou outubro deste ano 2008) presentaremos en directo o seu funcionamento para aqueles mestres e centros interesados en coñecelo e experimentalo en vivo. Nesta ocasión desexamos contar coas opinións positivas e negativas, ao tempo que poderedes preguntarlle aos técnicos do Instituto Tecnolóxico tódolos aspectos e pormenores do software e hardware empregados no sistema e das posibilidades de produción e mellora do mesmo.
Hola, somos Dolo , María e Gela do C.R.A de Teo. Nos levamos o quinto premio polo traballo titulado “A escola dos avós”.
Estamos moi contentas polo que supón non so de motivación para nós, senón para todo o Equipo de Normalización Linguística do Centro que foi de onde partíu a idea.
O que non agardabamos é que o traballo tívese tan boa acollida polo resto da comunidade educativa: pais,cativ@s,ampa,concello…e outros organismos externos como Cefore e Mupega.
Tanto é así que tentamos facer o remate do curso unha exposición co material donado por todos eles dos seus anos mozos e que é unha verdadera xoia.
Foi moi bonito ver a interacción educativa que se deu entre avos e nenos e se segue a dar pois o proxecto aínda non rematou.
Gracias a Ediga.
Gracias a todos vos Comunidade educativa do CRA de Teo que o fixestedes posible.
Hola a todos! Son Nuria do Ceip Igrexa-Chapela, o meu traballo “Picasso no EDI:¿Quen move o pincel?“, xurde dentro do Grupo Sementeira a raíz dun proxecto que unha compañeira do grupo ( Patricia ), está facendo sobre Miró, o que nos da a idea de realizar un proxecto común sobre arte.
A experiencia co EDI foi algo totalmente novedoso, tanto para os rapaces como para min. E as aportacións foron moitas: motivación, autonomía, aumento da participación e interese…O Proxecto está dividido en diferentes partes tratando de abarcar de maneira globalizada diferentes aspectos da obra e vida de Picasso coa finalidade de acercar os nenos e nenas o mundo do arte.
Osbloques sería: A súa biografía, as suás obras, e os seus periodos basicamente. Presentando dende actividades de grafomotricidade, L-E, debuxo libre ou dirixido, lóxica matemática, plástica posto que no proxecto tamén se plantezan tarefas sen o EDi.
Todo o proxecto pretende aunar todas as posibilidades do EDI: incluindo actividades individuais e grupais, con son e video, autoavaliativas e de conclusión.
As futuras liñas de actuación son seguir a fedellar, aprender e investigar, husmeando nos vosos recursos e experiencias, coa finalidade de alcanzar mellores resultados nas aulas, ou polo menos mais gratificantes.
Espero que vos guste, e non quero deixar de aproveitar a ocasión para pedir disculpas polo meu mal reparto do tempo e polo roubo de tempo os demais compañeiros durante a exposición ( os nervios as veces xogan malas pasadas!) DISCULPAS A TODOS! e ademais, agradecer a EDIGa este recoñecemento, e felicitar o resto de compañeiros premiados ou non, pois a min, persoalamente todos os traballos presentados pareceronme dignos de admirar. Felicitacións para todos.
Gracias e bicos, achégovos o meu traballo, espero os vosos comentarios .
Son Mar, do CRA Ponte da Pedra de Carballo. Tiven a sorte de ser premiada cunha invitación ao BETT 2009, e xa me tarda irme co grupiño de EDIGA a asombrarme co que alí se expón.
O traballo presentado ten como obxectivo traballar as Rutinas en Educación Infantil a través da PDI e utilizando como software o Notebook. Teño pendiente subilo ao xestor de EDIGA, pero vai ser dificil que o faga antes do fin de semana.
Fágovos un resumo do que se pode traballar co recurso:
- As estacións, os cambios climáticos e a súa influencia nos elementos do entorno.
- O saúdo: desenvolvemento dos hábitos e convencións sociais.
- A data: os días da semana, os meses do ano,…
- Conmemoración grupal e social dos aniversarios dos compañeiros/as.
- Organización temporal da xornada: o horario.
- Autorregulación do traballo do alumnado
Actualmente estase a usar nunha das escolas e foi moi ben acollido polos os rapaces/as.
Da man da nosa benquerida plataforma TADEGa.net bríndasenos a información o Primeiro Congreso de Tecnoloxías de Atención á Diversidade na Educación Galega (TADEGa) 2008, nos días 23 e 24 de maio de 2008, que terán lugar nas instalacións do Museo Pedagóxico Galego (MUPEGA) de Santiago de Compostela, A Coruña .
O período de inscrición xa comezou, e as prazas son limitadas (o aforo máximo das instalacións do MUPEGA é de 112 prazas).
Só queda animarvos a participar neste evento onde a calidade e o saber facer son a norma. Por alí andaremos!!!
Pouco contentos coa celebración dos I Premios EDIGa.net (en breve subiráse todo o material compartido e premiado), chéganos a nova de ser un dos 12 finalistas do II Premio Espiral de Edblogs 08, (Categoría menciones: blog de coordinación docente). Motivo suficiente para seguir traballando a prol de compartir recursos, experiencias e crear/manter un SOS (Sistema Operativo Social, ou sexa, un grupo de traballo vertebrado na rede, , as veces tanto concepto!!! )
En fin coido que era de esperar, unha novo encerado táctil SmartBoard na que os rotus van “esvaecéndose”,un problema menos para eses centros que se paralizan no uso do EDI cando perden un, o un problema engadido para cando o perdan :).
O novo modelo SMART Board 680 Vulcan, preparado exclusivamente para o mercado português e em especial para o sector da Educação (¿¿ que mo expliquen ?? ), foi lançado recentemente pela SMART. Apresenta um preço especial de campanha de 945€ e difere dos restantes quadros interactivos da SMART Technologies por não apresentar um tabuleiro de canetas.