Archive for the ‘Novas’ Category

PINBAC (Pizarras Interactivas Baixo Custo) Galicia

Domingo, Xuño 15th, 2008

Xa dispoñemos da primeira PINBAC (PAntalla de Baixo Custo) galega, e dun primeiro “dosier ” que explica dun xeito moi sinxelo o seu funcionamento acompañado dun pequeno vídeo para comparar o seu grao de perfeccionamento con respecto aos demais sistemas e experiencias coñecidas.

O custo é moi axustado para un prototipo (+/- 150 €) e sen dúbida algunha a súa dependencia do Wiimote ( o mando e regreta da Wii como tal) é temporal ata que sexa posible a súa produción en serie (cos mandos e regretas propios).

Nun futuro inmediato (setembro ou outubro deste ano 2008) presentaremos en directo o seu funcionamento para aqueles mestres e centros interesados en coñecelo e experimentalo en vivo. Nesta ocasión desexamos contar coas opinións positivas e negativas, ao tempo que poderedes preguntarlle aos técnicos do Instituto Tecnolóxico tódolos aspectos e pormenores do software e hardware empregados no sistema e das posibilidades de produción e mellora do mesmo.

VIDEO

DOSSIER

pinbac - Upload a Document to Scribd
Read this document on Scribd: pinbac

Grazas pola vosa atención e polo voso tempo.


5º Premio EDIGA “A escola dos avós”

Mércores, Xuño 4th, 2008

Premio EDIGaHola, somos Dolo , María e Gela do C.R.A de Teo. Nos levamos o quinto premio polo traballo titulado “A escola dos avós”.

Estamos moi contentas polo que supón non so de motivación para nós, senón para todo o Equipo de Normalización Linguística do Centro que foi de onde partíu a idea.

O que non agardabamos é que o traballo tívese tan boa acollida polo resto da comunidade educativa: pais,cativ@s,ampa,concello…e outros organismos externos como Cefore e Mupega.

Tanto é así que tentamos facer o remate do curso unha exposición co material donado por todos eles dos seus anos mozos e que é unha verdadera xoia.

Foi moi bonito ver a interacción educativa que se deu entre avos e nenos e se segue a dar pois o proxecto aínda non rematou.

Gracias a Ediga.

Gracias a todos vos Comunidade educativa do CRA de Teo que o fixestedes posible.

Ver Actividade. 5º Premio - CEIP A RAMALLOSA: “A escola dos avós”


4º Premio EDIGA “Picasso no EDi, quen move o Pincel?”

Martes, Maio 27th, 2008

Premio EDIGaHola a todos! Son Nuria do Ceip Igrexa-Chapela, o meu traballo “Picasso no EDI:¿Quen move o pincel?“, xurde dentro do Grupo Sementeira a raíz dun proxecto que unha compañeira do grupo ( Patricia ), está facendo sobre Miró, o que nos da a idea de realizar un proxecto común sobre arte.

A experiencia co EDI foi algo totalmente novedoso, tanto para os rapaces como para min. E as aportacións foron moitas: motivación, autonomía, aumento da participación e interese…O Proxecto está dividido en diferentes partes tratando de abarcar de maneira globalizada diferentes aspectos da obra e vida de Picasso coa finalidade de acercar os nenos e nenas o mundo do arte.

Os bloques sería: A súa biografía, as suás obras, e os seus periodos basicamente. Presentando dende actividades de grafomotricidade, L-E, debuxo libre ou dirixido, lóxica matemática, plástica posto que no proxecto tamén se plantezan tarefas sen o EDi.

Todo o proxecto pretende aunar todas as posibilidades do EDI: incluindo actividades individuais e grupais, con son e video, autoavaliativas e de conclusión.

As futuras liñas de actuación son seguir a fedellar, aprender e investigar, husmeando nos vosos recursos e experiencias, coa finalidade de alcanzar mellores resultados nas aulas, ou polo menos mais gratificantes.

Espero que vos guste, e non quero deixar de aproveitar a ocasión para pedir disculpas polo meu mal reparto do tempo e polo roubo de tempo os demais compañeiros durante a exposición ( os nervios as veces xogan malas pasadas!) DISCULPAS A TODOS! e ademais, agradecer a EDIGa este recoñecemento, e felicitar o resto de compañeiros premiados ou non, pois a min, persoalamente todos os traballos presentados pareceronme dignos de admirar. Felicitacións para todos.

Gracias e bicos, achégovos o meu traballo, espero os vosos comentarios :) .

Ver actividade: 4º Premio - CEIP IGREXA: “Picasso no EDI ¿Quen move o pincel?”


Premio Especial EDIGA “Rutinas en EI”

Domingo, Maio 25th, 2008

Premio EDIGaSon Mar, do CRA Ponte da Pedra de Carballo. Tiven a sorte de ser premiada cunha invitación ao BETT 2009, e xa me tarda irme co grupiño de EDIGA a asombrarme co que alí se expón.

O traballo presentado ten como obxectivo traballar as Rutinas en Educación Infantil a través da PDI e utilizando como software o Notebook. Teño pendiente subilo ao xestor de EDIGA, pero vai ser dificil que o faga antes do fin de semana.

Fágovos un resumo do que se pode traballar co recurso:

- As estacións, os cambios climáticos e a súa influencia nos elementos do entorno.
- O saúdo: desenvolvemento dos hábitos e convencións sociais.
- A data: os días da semana, os meses do ano,…
- Conmemoración grupal e social dos aniversarios dos compañeiros/as.
- Organización temporal da xornada: o horario.
- Autorregulación do traballo do alumnado

Actualmente estase a usar nunha das escolas e foi moi ben acollido polos os rapaces/as.

Saúdos.

Ver actividade: Premio Especial- CRA PONTE DE PEDRA: “Rutinas en EI” .

Ver documentación: MEMORIA


EDIGA GAÑA O 1º PREMIO ESPIRAL

Venres, Maio 16th, 2008

espiral

Os blogs gañadores do II Premio Espiral edublogs 08 son os seguintes:

Blogs de Mencións

EDIGA

Karrajua

Ecourban Blog

Mais info: http://edublogs08.ciberespiral.net/


” !!! ISTO PROMETE!!!!! GRAZAS AOS QUE O FACEDES POSIBLE: TODAS VOS (E TODOS, CLARO :)

Según dixo alguen: “El éxito es fácil de obtener. Lo difícil es merecerlo”


I Congreso TADEGa.net

Martes, Maio 13th, 2008

Logotipo do '1º Congreso TADEGa 2008'.
Da man da nosa benquerida plataforma TADEGa.net bríndasenos a  información o Primeiro Congreso de Tecnoloxías de Atención á Diversidade na Educación Galega (TADEGa) 2008, nos días 23 e 24 de maio de 2008,  que terán lugar nas instalacións do Museo Pedagóxico Galego (MUPEGA) de Santiago de Compostela, A Coruña .

O período de inscrición xa comezou, e as prazas son limitadas (o aforo máximo das instalacións do MUPEGA é de 112 prazas).

Só queda animarvos a participar neste evento onde a calidade e  o saber facer  son  a norma. Por alí andaremos!!!

Toda a información necesaria na súa web:


Finalistas Premios Ciberespiral 2008

Sábado, Maio 10th, 2008

ciberespiral

 

Pouco contentos coa celebración dos I Premios EDIGa.net (en breve subiráse todo o material compartido e premiado), chéganos a nova de ser un dos 12 finalistas do II Premio Espiral de Edblogs 08, (Categoría menciones: blog de coordinación docente). Motivo suficiente para seguir traballando a prol de compartir recursos, experiencias e crear/manter un SOS (Sistema Operativo Social, ou sexa, un grupo de traballo vertebrado na rede, :) , as veces tanto concepto!!! )

 

 

 

 


Adeus cores, adeus rotus…Vulcan Smart Board

Venres, Abril 18th, 2008

En fin coido que era de esperar, unha novo encerado táctil SmartBoard na que os rotus van “esvaecéndose”,un problema menos para eses centros que se paralizan no uso do EDI cando perden un, o un problema engadido para cando o perdan :).

Leo en EDUCATIC da man dun colaborador:

O novo modelo SMART Board 680 Vulcan, preparado exclusivamente para o mercado português e em especial para o sector da Educação (¿¿ que mo expliquen ?? :) ), foi lançado recentemente pela SMART. Apresenta um preço especial de campanha de 945€ e difere dos restantes quadros interactivos da SMART Technologies por não apresentar um tabuleiro de canetas.

Máis info: SB Vulcan


EDIs “Low Cost” Galegos !!!!

Domingo, Abril 13th, 2008

Ao fio do aporte do noso compañeiro Suso Lojo (Ceip de Arzúa) na lista de correo de EDIga.net, comento unha nova que fará chover rios de tinta sobre o inflamable discurso:

Aparellos TIC “lowcost vs high cost” na procura dun “right cost” ou galeguizando, a pesquisa da triple B (Bo, bonito e barato)

Read this doc on Scribd: pantallas-de-baixo-custo-galegas

Descarga Arquivo en PDF: PDI_Lowcost_made in Galicia

Noutra lista; DIM , falouse tamén longo e tendido do tema, ideas coma; usabilidade, robusted, fiabilidad, automatismos, electrodomésticos TIC, IKEA TIC, autoxestión dos centros, nivel coñecemento 0, etc…puxéronse na mesa en posturas ben diferenciadas que tiñan como punto en común o cambio metodolóxico necesario en educación.

¿Ti que opinas?

Grazas pola nova Suso.

 


Proxecto “Bowl” Dixital Interactivo

Luns, Marzo 10th, 2008

A era da tocabilidade é un feito tal e como o comentabamos noutros post, así como a “morte do Ordenador” e outro tal e como se pode leer no informe Davos 2008:

“Lendo as conclusións sobre “New Tech” do encontro do WEF 2008 (Davos) (Foro Económico Mundial)  vou sacando unha serie de conclusións que imprimiran ritmo a industria tecnolóxica, por defecto ao consumo e como non, a educación.

- O PC de sobremesa está morto, tal e como  coñecemos, baixaran baixaran e baixaran os prezos dos mesmos xa que se desmerecese o uso de semellantes mamotretos, a portabilidade e a clave.

- Os portátiles líderes dos próximos anos, cada vez máis “portátiles”.

- Ano 0 da revolución móbil, aparellos de peto multifuncióncada vez máis indispensables na vida cotía tal como dí o CEO de China Mobile Communications Corporation, Wang Jianzhou, “quien no tiene un teléfono móvil, le falta parte de las funciones humanas”. :)

Por defecto o Great Hit educativo será a incorporación de tecnoloxia móvil na aula, PDAs…”

 Bowl 2

Con todo unha serie de iniciativas educativas  aúnan ambas tendencias en aras de introducir a tecnoloxía dunha manera cotiá en obxectos de uso doméstico; “Proxecto Bowl” un claro exemplo do poder das accións naturais e o sentido común en aras a interacción  multimedia.

Bowl

A esencia do Proxecto explora como interactua un neno de dous anos con contidos audiovisuais utilizando os seus xoguetes identificados con tecnoloxía RFID (emisores) e un simple Bowl (receptor) conectado a un PC.

 Así pois, se un neno que ver unhas imaxes/vídeos/xogos do seu peluche preferido bota o obxecto no bol e as visualiza na pantalla.

Cando menos abraiante!!!