Ao fio do aporte do noso compañeiro Suso Lojo (Ceip de Arzúa) na lista de correo de EDIga.net, comento unha nova que fará chover rios de tinta sobre o inflamable discurso:
Aparellos TIC “lowcost vs high cost” na procura dun “right cost” ou galeguizando, a pesquisa da triple B (Bo, bonito e barato)
Noutra lista; DIM , falouse tamén longo e tendido do tema, ideas coma; usabilidade, robusted, fiabilidad, automatismos, electrodomésticos TIC, IKEA TIC, autoxestión dos centros, nivel coñecemento 0, etc…puxéronse na mesa en posturas ben diferenciadas que tiñan como punto en común o cambio metodolóxico necesario en educación.
A era da tocabilidade é un feito tal e como o comentabamos noutros post, así como a “morte do Ordenador” e outro tal e como se pode leer no informe Davos 2008:
“Lendo as conclusións sobre “New Tech” do encontro do WEF 2008 (Davos) (Foro Económico Mundial) vou sacando unha serie de conclusións que imprimiran ritmo a industria tecnolóxica, por defecto ao consumo e como non, a educación.
- O PC de sobremesa está morto, tal e como coñecemos, baixaran baixaran e baixaran os prezos dos mesmos xa que se desmerecese o uso de semellantes mamotretos, a portabilidade e a clave.
- Os portátiles líderes dos próximos anos, cada vez máis “portátiles”.
Por defecto o Great Hit educativo será a incorporación de tecnoloxia móvil na aula, PDAs…”
Con todo unha serie de iniciativas educativas aúnan ambas tendencias en aras de introducir a tecnoloxía dunha manera cotiá en obxectos de uso doméstico; “Proxecto Bowl” un claro exemplo do poder das accións naturais e o sentido común en aras a interacción multimedia.
A esencia do Proxecto explora como interactua un neno de dous anos con contidos audiovisuais utilizando os seus xoguetes identificados con tecnoloxía RFID (emisores) e un simple Bowl (receptor) conectado a un PC.
Así pois, se un neno que ver unhas imaxes/vídeos/xogos do seu peluche preferido bota o obxecto no bol e as visualiza na pantalla.
Teño visto e vivido relatorios EDI con dous persoas, tres, catro, unha ducia, dúas ducias, tres dúcias,…pero nunca vira un bis a bis dun EDI vs 250 persoas!!!.
O gallo e que se están a celebrar en Vigo (IES Politécnico) unhas macroxornadas (non por tempo senón pola inxente cantidade de xente) sobre o “fenómeno EDI” (Iker Jimenez chamarao así apartir de agora .
O relatorio vivido foi o pasado Luns, da man da nosa benquerida compañeira Belen Junquera (BJ, para as amizades).
BJSHOW!!! música, baile, son e creatividade…unha resposta axeitada as necesidades do momento. Risas, cercanía, complicidade e compañerismo…dentro deste entorno falabase do EDI; unha mera escusa. Así pois a nosa compañeira lidou cun público entregado polo fenómeno, 4 horas de tirón!!!.
Cartafoles, anotacións, preguntas, repreguntas,…e faladoiros espontáneos polo baixiño altamente enriquecedores para todos/as, xérmolo da cooperación: “¿e ti de onde ves?, ¿e como dis que fas iso?, ¿pasame o teu mail?, ¿estamos en contacto?”
O Formato das Macroxornadas, técnico-práctico, ao meu parecer, non todo o axeitado que debería para un público tan numeroso ¿Quizais unha rolda de experiencias con relatores de todo tipo?, ¿organizado por temáticas?, ¿Máis aspectos organizativos, os cales supoñen o 80% do uso deste soporte en centros onde a ratio do EDI con normalidade é de 1/200 alumnos/as?…
…ás veces esqueciaste un de estar nun auditorio con 200 e pico persoas e gran parte do éxito de esa sensación debíase a frontwoman que micro no peito facía e desfacía, “dramatizaba” os contidos e desdramatizaba o fenómeno EDI.
Parabéns!!!
P.D: A presencia de Elmo neste post?…iso mellor llo preguntades a devantida (Premede sobre as partes do corpo)
En las escuelas rurales de Ponteceso, los ‘profesores’ de apoyo son ordenadores portátiles y los encerados de tiza se han sustituido por pantallas táctiles. EL PAIS. SONIA VIZOSO - Santiago - 17/02/2008
Cuando dan las dos del mediodía y los padres se agolpan a las puertas de la escuela rural Nosa Señora do Faro de Ponteceso (A Coruña) para recoger a sus hijos, los dedos del pequeño Martín desabrochan, no sin dificultades, los botones de su mandilón y cierran, esta vez con brío, las ventanas de Windows que ha abierto en el encerado electrónico. Él y sus 15 compañeros de entre 3 y 5 años combinan cada mañana la plastilina y las ceras con el teclado de cinco computadoras. Son, como los otros 36 alumnos de los centros rurales de esta villa marinera, los primeros hijos de la revolución informática en las aulas de Galicia.
La tecnología puntera llegó hace siete años a Costa da Morte gracias, no a la Administración, sino a un grupo de maestras rurales de Ponteceso acostumbradas a bregar con la falta de todo. Rosa Barreiro empezó a dar clases en una escuela unitaria de este municipio en 1989. No tenía ni teléfono. En 2001, cuando Internet aún era un mar sin explorar para la mayor parte de Galicia, ella y sus colegas en los centros unitarios de seis parroquias (Brantuas, Campara, Pazos, Tallo, A Trabe y Xornes) crearon una página web para sus alumnos de 3 a 8 años.
Y sin un duro de la Consellería de Educación estas maestras fueron dotando las aulas de máquinas revolucionarias. El dinero lo consiguieron a través de premios. La primera pizarra electrónica la financiaron con los fondos de un galardón que les concedió el Parlamento de Suecia. La segunda la pagaron con el premio Mite, que les otorgó la Feria Internacional de Informática Multimedia y Comunicaciones SIMO 2006. Otra la ganaron en un certamen de la Universidad Autónoma de Barcelona. Actualmente las seis escuelas unitarias de Ponteceso, que dirige Rosa Barreiro, han desterrado la tiza y trabajan sólo con pizarras interactivas.
Coido que todos tiñamos no maxin dun tempo a esta parte crear espazos colaborativos onde expor as nosas experiencias, inquedanzas, opinións…sobre o eido TIC do en ensino en Galiza. Os máis e os menos, crean blogues, plataformas, webs…espazos para espallar a nosa semente e sentirse apoiados nesta labor de definir paradigmas de usos e boas prácticas tecnoeducativas . Así pois dende ese prisma e filosofía, nace ´agora rede , coa intención de crear un punto que vertebre iniciativas da web 2.0 galega (blogs, wikis,… ) e aglutine unha rede social aberta de docentes a prol das TIC.
¿Unha iniciativa interesante? Por suposto.
¿Un planet galego?, coido que se esta cociñando e 100% galego.
Ultimamente hai movemento, innovacións e temas de abondo eiquí en Galicia coma para argallar unhas Xornadas destes xa tradicionais Coloquios: os traballos dos usuarios do EDI, as experiencias metodolóxicas do emprego do EDI nas aulas, os programas complementarios que podemos empregar, novidades en canto a dispositivos móbiles coma PDA’s que podemos empregar co EDI, os gadgets, os recursos online, etc. etc.
E todo made in Galicia!! Qué ben… Vivamos coma galegos, E LOGO!
Eso seica é o que estar a pasar en tódalas tendas galegas, o outro día houbo que levar dúas wiimote a Ferrol e hoxe arrincar coas que quedaban, en fin… será porque foi o regalo estrela deste Nadal, non?
Moito que ver nesta Feria; unha representación de EDIGa dirixiuse a Feria de BETT (mostra tecnolóxica en educación máis importante de Europa.) para comprobar “in situ” a vangarda das New Tech, TIC, ICT….en educación.
Software: A intuitividade, usabilidade, accesibilidade dos Softwares presentados; pódese apreciar unha evolución dos mesmos cara ese sentido. Cada vez moito máis amigables, personalizables e específicos.
Plataformas online: Na actualidade e un requisito necesario enriquecer as nosas propostas curriculares (proxectos, unidades, actividades… ) con soportes online que favorezan un apoio teleformativo (B-learning). Multitude de alternativas existen no mercado para apoiar a labor educativa; blogs, plataformas de xestión educativa, cursos online,….de tódalas cores e sabores. Primando as experiencias depositadas nelas coma xerme de cambio metodolóxico.
Hardware: os reis indiscutibles foron as PDI, ata o punto de ser un soporte omnipresente en calquer stand para poder presentar calquer produto. Apreciábase unha evolución lóxica das mesmas ao integrar Canóns e Encerados de xeitos elegantes, así como ver unha maior presenza de retroproxectadas, a conectitividade multiplícase así como a sinxeleza da súa utilización, . Tamén podíase ver unha clara aposta educativa cara aos soportes móbiles (teléfonos, PSP, PDAs) en proxectos educativos:
O Usuario, rei indiscutible de todo o “tinglado”; alumno, profesor,…todo xira ao redor do usuario, dándolle unha dimensión social ao produto, permitíndolle personalizalo todo posible para adaptalo as súas necesidades. Con todo podemos falar, sen lugar a dúbidas de Tics 2.0, xeralizando o concepto.
Así pois para nós o produto éstrella (o máis completo) era o que intentase aglutinar de maneira notoria eses tres bloques dun xeito natural:
- Tivese un Software o suficiente versátil e intuitivo, amigable. - Creara unha comunidade ao seu arredor, favorecendo a difusión de experiencias, contidos. - Fora un soporte que implicase unha relación/interacción máis humana co ordenador.
Mágoa que neste aspecto, nós como xurado, non chegaramos a un fallo consensuado, aínda que se barallaban varias alternativas: SmartBoard
Mayer-Johnson PSPineducation¿Axúdasnos a ter un ganador?
Con todo unhas xornadas, moi interesantes, non só polo visto, senón polas persoas.
P.D. Visita obrigada era un paseo pola urbe, así pois, o British Museum foi un dos nosos obxectivos. Preguntar por Ivan, guía español, e a súa “Freak Guide: From Cleopatra to The actually .” Grazas!!!
De propina un video do máis bailón no “tube” de London; non todo ía ser traballo:
Pois falando co alumnado sobre o Nadal, a pregunta ineludible era a de ¿Que vos trouxeron os Reis?, a resposta clamorosa era:
NDS (Nintendo DS) 43%
Wii 32%
Outros 15%
“Miña naiciña, si que veñen fortes os reis!!!” dixen eu.
O interesante do conto e o de facer ver as posibilidades que ten a primeira ferramenta, a NDS, pois e o máis parecido a un ordenador portátil de baixo custo (OLPD?) .
Escoitar música, escribir, ver peliculas, leer libros, linux…unha morea de actividades educativas podemos plantexar para sacarlle un partido didáctico a esas ferramentas….todo un minitablet pc ou PDA, como a queirades chamar, pero sen rato nin teclado, acabáronse, é a era da tocabilidade!!!.
Para multiplicar as posibilidades da NDS só necesitamos:
- Un adaptador similar o cartucho dos xogos NDS. Supercard DS One que trae por defecto o homebrewMoonshell.
- Unha memoria de almacenamiento tipo SD.
Para exemplo un video:
¿Que che regalaron a tí? ¿Chúchaslle todas as posibilidades?
Pois ben, parece ser que está a piques de saír unha nova versión, Notebook 10, e o seu “berce” de presentación seica será BETT 08 .
Como novidades temos:
- Maior sinxelexa e personalización nas navegacións e diapositivas
- Personalización das gravacións.
- Un ¿Timeline?, posibilidade de crear animacións e efectos de movementos predefinidos coma o SWISH.
- Ferramentas de debuxo intelixente, que interpreta as as formas.
- Alineamentos automáticos.
- Inserción de táboas, anidamentos, personalizacións.
- …
Estaremos alí para probalo, entre outros productos, e ser críticos dabondo; pero particularmente seica esta nova suite promete, pois pode consolidarse como un híbrido entre a versatilidade do Powerpoint e a potencia multimedia do Flash sen perder a súa esencia, a educativa.
Ogallá se cumpla a fórmula: Powerpoint+Flash+Educación=Notebook …ogallá !!!