Da man da nosa Compañeira Belen, vía Tadega.net, coñecemos os fillos flasheros de M.C. Escher e podemos disfrutar deste recurso visual (clica neles e move o rato):
Os ramones, The cure, Bob marley… unha enchenta de clásicos do rock tamén dispoñibles pola rede .
P.D: Persoalmente os utilizamos para animacións con plastilina e danlle o pego bastante ben, en breve os alumnos de 2º suben uns vídeos. Ás veces dan máis medo que soño, vos diredes .
Hai un tempo a compañeira Concha andaba na procura de imaxes de debuxos animados en Google para aderezar os seus magníficos proxectos de plástica, así que grazas a incansable axuda do compañeiro Yeniköi atopamos esta colleita que fai as delicias no Notebook, Tuxpaint, …
1200 clips en diferentes formatos vectorizables para a súa edición e uso.
Son Susana Viqueira, o meu traballo “IGUAIS NA DIFERENZA;O SPC NA AULA ORDINARIA CO EDI” xurde a raiz de ter un neno na miña aula con NEAE, non ten linguaxe oral “de momento” e tiñamos que darlle un xeito de poder comunicarse cos demais, o sistema SPC ( sistema pictográfico de comunicación ) pareceunos o que mellor se adaptaba ás súas características, pero non só tiña que coñecer este sistema él , sinon todo o grupo aula, así que de xeito moi lúdico introducinno na aula, a asamblea foi un bo momento, as hipótesis sobre o que significaban diferentes simbolos deulle pé o grupo aula para comenzar a coñecelos .
O traballo elaborado :
Lectoescritura- Un abecedario donde se parte da letra, logo asóciase cada letra coa imaxe dun animal real e o seu igal no sistema SPC , as pantallas seguintes son actividades de lectoescritura,grafomotricidade…etc.
Lóxica-matemática: Traballo conceptos como lonxe -preto, moito-pouco,cheo -baleiro…etc, o conteo, series,agrupacións co diferentes elementos….
Os animais: Tema que motiva especialmente o cativo con NEAE , a través de él traballo ademáis dos nomes , onomatopeias…etc tamén a lóxica matemática e a lectoescritura Os alimentos: Sobre todo a hora da merenda facilitame traballar este tema, xa que debe identificar o que trae para merendar e buscar as imaxes que o representan, estamos comenzando a elaborar pequenas frases, do tipo….. Brais quere comer galletas utilizando só as imaxes. O Esquema corporal: fundamental para todos os cativos nestas idades , imaxes pictográficas coas que debe compoñer caras , corpos…asociar vestimenta con diferentes partes do corpo…etc As persoaxes do castelo: Este curso estamos a traballar con este proxecto ” O meu cole o meu castelo” esto creame a necesidade de crear diferentes actividades relacionadas con esta temática co SPC, aínda que hai moi poucas.
Vantaxes obtidas: Moitas, o EDI é unha ferramenta que consigue centrar a atención dos cativos, motivadora , o pequeno con neae ten problemas a hora de manexar o rato do PC e isto créalle frustración xa que a axuda é constante, mentras que no edi a súa autonomía poténciase , pode mover os elemnetos sin medo , escribir, borrar, non hai límite de manipulación para él.
As expectativas son segui r elaborando materiaís para poder ir axudándolle a comunicarse e establecer relacions significativas cos demais, que interactúe co mundo de xeito activo, amosando os seus intereses e desexos de xeito autónomo a través do SPC e que o seu grupo lle poida entender, así como os demáis membros da comunidade escolar.
Queda moitísimo traballo por facer, pero penso que estamos no bo camiño, él esforzase moito e pouco a pouco ímolo conseguir :).
Ao fío do anterior artigo, e dentro do mesmo proxecto sobre “Saúde Dixital. Saúde Laredo”, exploramos as posibilidades dunha infravalorada webcam nos nosos centros educativos (ver “Lector Documentos Lowcost”), sen WIIs nin PS2 utilizamos recursos da rede para interactuar e xogar coas Novas Tecnoloxías tendo como referente un eido fundamental o lúdico e o social, somentes cunha webcam!!!.
Para mostra, un vídeo, que as veces se fala se fala do que se fai pero non se amosa :
Recursos utilizados:
- De orfebrería tecnolóxica e para NEE da man do noso Compañeiro J. Fonoll: Xtec Fonoll - Para Educ. Infantil: Kukakumma - Para Educ. Primaria C.I y C.II: Camgoo - Para Educ. Primaria C.III e ESO: Ovo The game - Para os exploradores: Webcam games - Outras maneiras de usar a webcam: Mando, Headev…
Pois si, despois dunhas semanas trebellando con compañeiros/as con diferentes soportes, coido que un deles fixo as ledicias de moitos/as, non só polas súas posibilidades educativas, senón personais, así que coido respostar a eses mailings .
Fai un ano desenvolveuse no meu centro un proxecto sobre “Saúde Dixital; Sáude Laredo” o que se pretendía co mesmo era a desdramatización dos soportes tecnólóxicos na aula en aras á promoción de estilos de vida saudables, así mesmo enfocar o eido lúdico dos videoxogos dende unha perspectiva socio-educativa e non estrictamente hedonista e individual.
Un dos aparellos traballados era a “alfombra máxica” (dancepad), con posibilidades infinitas na aula (psicomotricidade, educación física, música…), para todas as etapas educativas.
Para mostra un vídeo:
Ao final do Proxecto (pretest-postets) pretendeuse extraer conclusións sobre como este uso dos videoxogos dende as aulas poderían modificar a percepción dos mesmos nos rapaces así como contribuir ao control e conciencia do IMC en rapaces de risco.
Da man do noso compañeiro Ricardo e grazas a nosa lista de correo temos a seguinte información:
“Hola a todos,
Os adjunto las instrucciones para poder fabricar un proyector muy
baratito, para poder equipar un aula sin gastar locuras .
Tan pronto como localice la fabricación de ordenadores baratos os los
hago llegar. Por cierto, creo que el próximo domingo en Bricomania nos
enseñan a construir pupitres y sillas.
No blog de “Domingo Méndez” comenta esta ferramenta “Twiddla”. Trátase dunha ferramenta colaborativa que permite compartir un encerado dixital entre varios usuarios, realizando correccións sobre un documento ou sitio web e podendo manter un chat ou unha charla de voz desde a mesma plataforma.
Esta posibilidade conxuntamente cun encerado dixital interactivo amosa ter moitas posibilidades. Xa contaredes como funciona.
Se en novembro vos dábamos conta da nova version de LIM, agora e acostumados a que Fran Macías non para, xa temos o tutorial da integración da súa ferramenta LIM (vai pola versión 2.61) no SMART Notebook, que coido que é un dos mellores recursos para o encerado dixital.