Archive for the ‘Recursos’ Category

Lector Documentos “Lowcost”

Xoves, Marzo 13th, 2008

Moito se fala da incorporación de aparellos e trebellos á educación, así como a creación constante dunhas necesidades non fundamentadas e infundidas polo “Estilo Tech” de subirse a vangarda do uso e abuso de aparellos tecnolóxicos sen criticidade…¿Explotamos todas as posibilidades educativas do rato?, ¿e la roulette anglaisejeux de casino sans telechargementbonus casino 770télécharger un casino gratuitesjeux la rouletteslots casinosjeux casino machines a soussites de poker onlinele jeu vidéo pokeronline poker rankingpoker sur le netpoker en ligne argentjouer o poker en lignetable de poker en lignepoker machine gratuiteslogiciel texas holdemtelecharger poker texas holdemplay seven card stud onlinetélécharger un poker gratuitesjouer aux pokerjeu world pokerregles poker texastexas holdem frjeu video poker gratuitesjeu de texas holdem gratuitesstrip pokertournoi de pokerjeux online poker tourjeux 7 card studprofessional poker tourjeux seven card stud gratuitesjeu de poker en lignetriche poker onlinela règle du pokerjeu video pokerpoker school onlinepoker texas gratuitesune régle du jeu de pokerla règle du texas holdemjouer streap pokertelecharger poker 3djeux world pokerle poker gratuites françaisjeu poker omaha gratuitestournoi de poker casinoregles texas holdemtexas holdem casinojeu video de pokerle poker gratuites sans téléchargementpoker tracker gratuites do teclado?, ¿do canón?, ¿dunha cámara web?…pois aquí temos unha “xanela dixital” ben asequible e coido que bastante infrautilizada.

Outros usos…noutros post :)


Encerado Dixital Colaborativo

Xoves, Marzo 13th, 2008

Twiddla

No blog de “Domingo Méndez” comenta esta ferramenta “Twiddla”. Trátase dunha ferramenta colaborativa que permite compartir un encerado dixital entre varios usuarios, realizando correccións sobre un documento ou sitio web e podendo manter un chat ou unha charla de voz desde a mesma plataforma.

Esta posibilidade conxuntamente cun encerado dixital interactivo amosa ter moitas posibilidades. Xa contaredes como funciona.


LIM e SMART Notebook

Luns, Febreiro 11th, 2008

Se en novembro vos dábamos conta da nova version de LIM, agora e acostumados a que Fran Macías non para, xa temos o tutorial da integración da súa ferramenta LIM (vai pola versión 2.61) no SMART Notebook, que coido que é un dos mellores recursos para o encerado dixital.

Grazas novamente, artista!!

LIM & Notebook
Ligazón ao tutorial completo


Do2learn…Pizarra Dixital e Necesidades Educativas

Venres, Febreiro 1st, 2008

dotolearnAo fío do anterior post do noso compañeiro Felo; xa facía tempo que non pasaba por Do2learn , hoxe estiven a fedellar na súa páxina e quedeime gratamente sorprendido polos recursos que agora ofertan de gran plasticidade para o EDI:

- Fotografías da disposición das alulas segundo as necesidades.
- Xogos de estimulación sensorial. Gratuitos ou de pago-
- Propostas de actividades.
- Material para imprimir
- Guías de diagnose para necesidades educativas
- …

Merce a pena se non o coñeciades!!!
http://www.do2learn.com
Un saúdo


Visible Body, o Google Earth do corpo humano

Luns, Xaneiro 21st, 2008

Visible BodyLeo nas miñas bitácoras favoritas un fantástico recurso para o Encerado Dixital Interactivo ou Pizarra Dixital. Visible Body , increible e inmersiva plataforma sobre o corpo humano a modo de Google Earth, aparellos, sistemas, órganos….so fai falla rexistrarse de balde. Imprescindible!”!!!


WIIMOTE e Pizarra Digital no CEIP de PALMEIRA

Venres, Xaneiro 18th, 2008

Moito se esta a falar na rede sobre sacarlle o maior proveito as novas tecnoloxías ao menor custo, e de iso saben moito os nosos compañeiros do CEIP de PALMEIRA, que “enarbolados” cun mando WII, e con destreza e creatividade, crearon un soporte dixital interactivo lowcost, a orixe da experiencia esta a cargo de Johnny Chung Lee pero a iniciativa educativa e dese Equipo de Novas Tecnoloxias (ENTE) de devandito centro Galego.
O increíble de todo, e que comparten dunha maneira maxistral toda a súa labor, dende a súa páxina.

Para exemplo o vídeo da súa posta en práctica.


Grazas Compañeiros/as por espallar a vosa experiencia!!!

P.D. Outro compañeiro, J. Fonoll, co cal temos colaborado realizou unha experiencia parecida só cunha webcam, análoga a experiencia de Juan Roldán.


Axudamos a…Peter Packet!!!

Luns, Decembro 31st, 2007

Dentro da liña dos Serious Games (aqueles xogos nos que existe unha funcionalidade máis aló da lúdica) está Peter Packet.

O seu principal obxectivo é o de ensinar como é internet e como funciona. A nosa misión e a de axudar a Peter , un paquete que leva as mensaxes de correo dunha persoa a outra; pero a nosa misión non está exenta de atrancos…virus, hackers, problemas na rede, fendas dixitais…

Altamente recomendable :)


Notebook 10…falta pouco!

Sábado, Decembro 22nd, 2007

notebook 10

Falabamos noutras entradas sobre o Notebook e os seus aspectos positivos e negativos:

http://ediga.net/blog/tutorial-basico-de-notebook/
http://ediga.net/blog/ferramenta-smart-lesson-activity-toolkit/

Pois ben, parece ser que está a piques de saír unha nova versión, Notebook 10, e o seu “berce” de presentación seica será BETT 08 .

Como novidades temos:

- Maior sinxelexa e personalización nas navegacións e diapositivas
- Personalización das gravacións.
- Un ¿Timeline?, posibilidade de crear animacións e efectos de movementos predefinidos coma o SWISH.
- Ferramentas de debuxo intelixente, que interpreta as as formas.
- Alineamentos automáticos.
- Inserción de táboas, anidamentos, personalizacións.
- …

O iso dín dende a súa carta de presentación en BETT.

Estaremos alí para probalo, entre outros productos, e ser críticos dabondo; pero particularmente seica esta nova suite promete, pois pode consolidarse como un híbrido entre a versatilidade do Powerpoint e a potencia multimedia do Flash sen perder a súa esencia, a educativa.

Ogallá se cumpla a fórmula: Powerpoint+Flash+Educación=Notebook …ogallá !!! :)


Premios a Innovación Educativa 07…Xogamos?

Venres, Decembro 21st, 2007

galardonUnha enchenta de premios de calidade están saíndo neste mes da man da CEOU.

- Premios a innovación educativa
- Premios a recursos educativos para a sociedade da información

O máis salientable o do noso “Brazo de Mar”e incansable compañeiro Felo Couto, Primeiro Premio en ferramentas de autor co “Proxecto: Xogamos?”; non só pola cuantía (6000€) senón pola repercusión que pode ter a hora de utilizar mencionada ferramenta co uso do EDI.

E de salientar que a equipa que realizou o proxecto e de categoría, posto que ademais de estar de frontman/coordinador o noso compañeiro, Fran Macias e Xose Antón Vicente están detrás do mesmo.

O coordinador tiña que ser de Monte Alto, e que che somos así!!! :)

Máis info:
http://www.codigocero.com/spip.php?article3144
http://engalego.blogspot.com/
http://tadega.net/Bitacora/premio-innovacion-educativaxogamos/
http://www.sociedadedainformacion.eu/actualidade/nova.php?id=804&lg=gal


Idesktop…vídeos a esgalla para o EDI

Mércores, Decembro 19th, 2007

idesktop

O que vedes na imaxe e un pedaciño de iDesktop.tv, un sitio que ofrece unha forma alternativa de navegar e ver vídeos de youtube.
Cada video pode ser votado, distribuido pola pantalla e baixado ao ordenador, nun aspecto que aproveita o tamaño de la xanela para amosar o maior número de vídeos posible.

Podemos crear os nosos playlist cos mellores vídeos clasificados por temáticas, particularmente o uso bastante en educación física para facer monográficos (os ósos, a hixiene, deportes na rúa…) sobre diferentes contidos traballados.

Para os que non acostuman a prestar atención aos comentarios e prefieren ir a esencia, probade iDesktop.tv é una excelente opción para o traballo cos vídeos no EDI, poís posibilita a descarga en FLV.

ifilsh

Aínda que se atopamos outros vídeos noutras plataformas (google video, metacafe, veotv, stage6 e outros inmortais da nova rede) sempre poderemos convertilos a calquer formato con estoutra ferramenta filsh.net así como reducir o seu audio/vídeo (bitrate/proporcións).
Xa non temos escusas para non enriquecer as nosas actividades co EDI. :)