Archive for the ‘Xeral’ Category

Guerra de navegadores

Xoves, Outubro 30th, 2008

Hai unhos días ofertámosvos o recurso de contares cun navegador de internet integrado no Notebook, pois ben, xa se saiu un serio competidor… a factoría de Cariño ;) cansa dos productos estranxeiros, ven de traballar noutro navegador mais sinxelo e áxil: o “EDIGA Explorer”. Aí vai unha mostra:

Navegador EDIGA

DESCARGA O ARQUIVO


Internet Browser for Notebook

Luns, Outubro 27th, 2008

Ata o de hoxe, cando estabamos no Notebook e tiñamos que ir a un enderezo web; ou ben o escribiamos o enderezo creando un vínculo nun obxecto (dibuxo, imaxe, texto…) ou ben tiñamos que minimizar, abrir navegador e ires a web desexada co que perdiamos un pouco o fío do tema que estivésemos a traballar.

Ben, pois agora con iste pequeno Flash, unha vez que o gardamos no Meu Contido, so temos que arrastralo ata a páxina do notebook, para visitar a web que queramos. Aí o vai un exemplo:

Apertas


Mi sento fortunato

Xoves, Outubro 23rd, 2008

Y estas actividades nos las envían desde Italia!!

Exactamente desde el IIS “VINCENZO CAPIROLA” de Leno (BS)-Italia.

Muchas gracias Inma

Bicos
the body
XESTOR DE DESCARGA DE ACTIVIDADES DE EDIGA


Novos materiais no xestor

Mércores, Outubro 15th, 2008

Desta vez, grazas ao Grupo Traballo “Dixitalizate” das compañeiras do CRA Antía Cal de Gondomar.

Noraboa polo traballo!!
ratita poema

XESTOR DE DESCARGA DE ACTIVIDADES DE EDIGA


Imaxínate O Salnés… no EDI

Venres, Outubro 3rd, 2008

Hoxe lemos en varios xornais, a presentación dunha revolucionaria aplicación para “pizarras electrónicas” que dará maior utilidade e un impulso definitivo a miles de pizarras electrónicas nos centros de todo o país.

Desenvolveron a aplicacion porque “son poucas as aulas nas que xa se colgaron unhas modernas pizarras electrónicas que ata agora so se usaban como proxectores ou ás que se lles podía sacar un mínimo rendimento por falla de aplicacións que diran un verdadero incentivo pedagóxico a profesores e alumnos”.

Iste novo entorno, completamente interactivo e vivo, permite a creación dunha gran comunidade educativa (para mestres rexistrados) na que poderá plantexarse o debate, o intercambio de contidos, xogos e concursos na rede. Outra das súas novidades é a adaptación do entorno web de internet a este tipo de pizarras electrónicas, polo que a navegación, resulta moito mais cómoda e áxil para a clase.

Imaxinate o Salnés

www.imaxinateosalnes.com


Propostas para o emprego do EDI.

Xoves, Outubro 2nd, 2008

Marisquiño na rede!! Aí o vai un documento que andaba por eiquí hai un tempiño pero que de seguro vos é de moita utilidade agora que andades a preparare a documentación para as actividades formativas dos vosos Centros.

Autora: Silvia Pradas, Fundación Encuentro.

Que aproveite!

C10 Propuesta Para El Uso de La Pizarra Digital - Upload a Document to Scribd

A experiencia EDIGA no TECNONEET

Luns, Setembro 29th, 2008

Os nosos compañeiros de TADEGA veñen de publicar na sua web o Obradoiro “Emprego do Encerado Dixital Interactivo: a experiencia EDIGa”, que se presentou no pasado V Congreso Tecnoneet no evento por excelencia no canto das TIC e á Diversidade e ante cáseque 1000 asistentes.

TADEGa seguiranos a apoiar no que se precise, parabéns, grazas TECNONEET.

[D-542]

Enlaces relacionados

(1) Obradoiro “A Experiencia EDIGA”
(2) V Congreso TECNONEET
(3) Tecnoloxías de Atención á Diversidade na Educación Galega - TADEGA


Hangout!!! a tua casa co EDI

Sábado, Setembro 27th, 2008

Falabamos noutras entradas sobre EDUSIM (agora en NING), unha entorna de traballo inmersivo que parte de enfoques constructivistas, no que como “demiurgo”, creas un mundo personalizado e lle dotas de contidos e interaccións. Mencionadas bases son cada vez máis sostidas dende enfoques máis lúdicos e sociais, eche o caso de Hangout (Second Life+MySpace+Haboo), unha entretida ferramenta  coa que podes crear unha habitación, en principio, sentarte cos teus amigos e parolar …

Finalistas no TechCruch08 (referente do mundillo 2.0 e tecnolóxico,  xermolo de todos os post do mundillo Copy&Paste 2.0 )

Iso sí, polo de agora entramos na “casa” Hangout con invitación, esperade un par de días.
Ao fío do tema, un interesante proxecto da nosa compañeira Leti
http://facemosunhacasa.blogspot.com/

Parabéns!!!!


Una Güe, lo mejo que puede habé!!!

Venres, Setembro 26th, 2008

Vía a Nosa Biblioteca, Grazas Antonio!!!!


Xornadas Innovación Educativa en Infantil

Xoves, Setembro 18th, 2008

A celebrar do 28 ao 31 de outubro na Facultade de Ciencias de Educación da Universidade de A Coruña. Alí veremos proxectos innovadores, Blogs de aula, proxectos europeos, idiomas, proxectos colaborativos, TIC, educación ambiental, etc etc… Vémonos?