CEIP de Arzúa…EDI de calidade!
Dende o CEIP de Arzúa, amosannos dende a súa páxina principal, todo unha declaración de intencións…unha escolma de actividades para o seu uso co encerado dixital realizadas ao longo do curso escolar.
Non ten perda…clica na imaxe.
Noraboa compañeiros!!!

Xuño 20th, 2007 at 8:55 pm
Xenial!!! Menuda recopilación!!!
Moi boa idea a ver se durante o verán fago algo parecido coas cousiñas que eu teño.
Graciñas.
Xuño 21st, 2007 at 9:57 pm
Esto é o bo de todo esto, xenial, a amosar o que se fai, cooperación, compartir,… e ao final en beneficio de todos. Perfecto!!
Xuño 22nd, 2007 at 8:26 am
somos un centro de idiomas de Madrid que vamos a introducir las pizarras interactivas y nos gustaría compartir información y las actividades creadas por los profesores en el curso que viene.
De momento no puedo abrir vuestros presentaciones .notebook porque el formato adecuado para abrirlo. ¿me podríais ayudar?
Os invito a visitar nuestra página web especializada en la enseñanza del inglés y la preparación de exámenes oficiales de inglés y cursos de verano en Inglaterra.
Un saludo
Ascen
Xuño 24th, 2007 at 1:20 pm
Hola Ascen
Para poder abrir los archivos .notebook necesitas el Smart Board software. Bájatelo en función del sistema operativo que utilices y no deberías tener problemas. Cualquier cosa aquí estamos para ayudar, colaborar,… y esperando vuestras aportaciones.
Xuño 24th, 2007 at 9:49 pm
1.Coma en todo o software dispoñible a derradeira versión dun programa abre as anteriores, pero unha máis antiga non abre a máis moderna.As actividades do C.E.I.P. de Arzúa están feitas coa versión 9.5 do smatboard.
2.Como en todo el software disponible a última versión de un programa abre las anteriores, pero una más antigua no abre la más modernan.Las actividades del C.E.I.P. de Arzúa están hechas con la versión 9.5 del smatboard.
DENDE ARZÚA agardamos que o noso traballo poida axudar a espallar o emprego dos EDI (encerados dixitais interactivos).
DESDE ARZÚA esperamos que nuestro trabajo pueda ayudar a desparramar el empleo de las PDI (pizarras digitales interactivas).
Xuño 25th, 2007 at 3:47 pm
A ver se alguén me pode aclarar unha dúbida. Coas versións anteriores do software do SmartBoard podías gardar as actividades con dúas extensións .xbt (que abría as páxinas) e .xbc (que creaba unha carpeta coas imaxes necesarias no cartafol do teu contido. Agora coa nova versión non consigo gardalas coa carpeta de imaxes, só coas páxinas. Alguén sabe como se fai? Graciñas por adiantado.
Que pasedes un bo verán
Xuño 26th, 2007 at 10:41 pm
A extensión actual para os traballos feitos coa versión 9.5 son *.notebook, mentras na 9.0 e 8.0 son *.xbk.
Coa actual versión os textos e as imaxes van xuntas na páxina, nun mesmo ficheiro *.notebook (v.9.5) ou xbk (9.0 e 8.0) .De todos os xeitos podes inxerir as imaxes e gardalas no cartafol de anexos como ficheiros.
Saúdos
Xuño 28th, 2007 at 6:39 pm
Graciñas,
Probarei o que dis
Un saúdo
Xuño 28th, 2007 at 9:36 pm
Todo o fío de comentarios sobre a “extensión” foi trasladado ao FORO de EDIGa.