Exemplos de comic feitos co EDi

A continuación podedes ver algúns exemplos de comic feitos por nenos e nenas de Educación Infantil e 1º ciclo de Educación Primaria. Empregáronse ou ben fotografías propias, debuxados e escaneados, arquivos de audio e empregáronse para iso o software do Notebook ou ben a ferramenta de www.toondoo.com. Estes comics e outras poderedelas consultar no Blog do CRA

A casa da mosca chosca
Comic baseado nun dos libros da biblioteca do cole no que se pretende que a partir desa tira o resto do alumnado do centro continúe a historia. Para iso terán que solicitar o libro á biblioteca, lelo,…

Cocorico
Conto tamén baseado nun dos libros da biblioteca pero representado polos nenos e nenas, fixémoslles fotos e co EDI pintáronse para facer o vestiario, os bocadillos,… e engadindo arquivos de audio. Para descargalo podedes facer clic aquí (precísase o software notebook de Smart).
This album is powered by BubbleShare - Add to my blog

O Zoo
Comic inventado no que a partir dunha idea desenrolamos un comic con fotografías baixadas de internet, escaneadas, arquivos de audio,… e a potencialidade dun EDI completan o comic que vos podedes baixar dende aquí (precísase o software notebook de Smart).

This album is powered by BubbleShare - Add to my blog


3 Responses to “Exemplos de comic feitos co EDi”

  1. Belén Says:

    WOWWWWWWWWWWWWWW!!!

    Que ideas máis guachis!!! Felicitacións!!!

    Precisamente o venres, imos representar a casa da mosca chosca no festival de fin de curso.

    Graciñas por compartilo con tod@s nós. Anoto para o vindeiro curso.

    FELIZ FIN DE CURSO A TOD@S

  2. Abraham Says:

    O meu deus!!!! se Miguelanxo Prado levanta a cabeza!!!
    Parabéns!!!! sodes formidables.

  3. Jardim » Extrav an cuerpo de fallecido en el deslave Tras la tragedia Says:

    [...] Exemplos de comic feitos co EDi A continuaci n podedes ver alg ns exemplos de comic feitos por nenos e nenas de Educaci n Infantil e 1 ciclo de Educaci n Primaria. Empreg ronse ou ben fotograf as propias, debuxados e escaneados, arquivos de audio e empreg ronse para iso o… [...]

Leave a Reply