Ferramenta Smart “Lesson Activity Toolkit”

Lesson Activity Toolkit

Unha nova ferramenta da man de SmartBoard para enriquecer as nosas clases. Chámase “Lesson Activity Toolkit”, algo así como “Caixa de Ferramentas para facer Actividades” :) .

O podemos descargar dende aquí, e instalarase no apartado de Galerias do mencionado Notebook.

Temos dous apartados diferenciados:

Creador de actividades:

Nun primeiro instante lembra a dúas ferramentas de autor como son o HotPotatoes e o LIM pola diversificación de actividades, as súas plantillas personalizables e a súa sinxeleza na utilización

Así pois,  poderemos facer actividades de asociacións, resposta múltiple, agrupacións…dun xeito ben sinxelo, simplemente editando as posibles preguntas e as respostas; lembra ao Interwrite Sims, aínda que máis estético e personalizable.

Toolkit screencaps

Ferramentas:

Algunhas delas moi interesantes posto que facilitan a creación de miniactividades ao darlles moita interactividade; barras informativas, preguntas-resposta, xeneradores de palabras,…

Xa non temos perdón para non avaliar todas esas actividades que facemos !!! :)


One Response to “Ferramenta Smart “Lesson Activity Toolkit””

  1. EDIGA » Blog Archive » Notebook 10…falta pouco! Says:

    [...] http://ediga.net/blog/tutorial-basico-de-notebook/ http://ediga.net/blog/ferramenta-smart-lesson-activity-toolkit/ [...]

Leave a Reply