Da man da nosa benquerida plataforma TADEGa.net bríndasenos a información o Primeiro Congreso de Tecnoloxías de Atención á Diversidade na Educación Galega (TADEGa) 2008, nos días 23 e 24 de maio de 2008, que terán lugar nas instalacións do Museo Pedagóxico Galego (MUPEGA) de Santiago de Compostela, A Coruña .
O período de inscrición xa comezou, e as prazas son limitadas (o aforo máximo das instalacións do MUPEGA é de 112 prazas).
Só queda animarvos a participar neste evento onde a calidade e o saber facer son a norma. Por alí andaremos!!!
Pouco contentos coa celebración dos I Premios EDIGa.net (en breve subiráse todo o material compartido e premiado), chéganos a nova de ser un dos 12 finalistas do II Premio Espiral de Edblogs 08, (Categoría menciones: blog de coordinación docente). Motivo suficiente para seguir traballando a prol de compartir recursos, experiencias e crear/manter un SOS (Sistema Operativo Social, ou sexa, un grupo de traballo vertebrado na rede, , as veces tanto concepto!!! )
Ao fío do anterior artigo, e dentro do mesmo proxecto sobre “Saúde Dixital. Saúde Laredo”, exploramos as posibilidades dunha infravalorada webcam nos nosos centros educativos (ver “Lector Documentos Lowcost”), sen WIIs nin PS2 utilizamos recursos da rede para interactuar e xogar coas Novas Tecnoloxías tendo como referente un eido fundamental o lúdico e o social, somentes cunha webcam!!!.
Para mostra, un vídeo, que as veces se fala se fala do que se fai pero non se amosa :
Recursos utilizados:
- De orfebrería tecnolóxica e para NEE da man do noso Compañeiro J. Fonoll: Xtec Fonoll - Para Educ. Infantil: Kukakumma - Para Educ. Primaria C.I y C.II: Camgoo - Para Educ. Primaria C.III e ESO: Ovo The game - Para os exploradores: Webcam games - Outras maneiras de usar a webcam: Mando, Headev…
Pois si, despois dunhas semanas trebellando con compañeiros/as con diferentes soportes, coido que un deles fixo as ledicias de moitos/as, non só polas súas posibilidades educativas, senón personais, así que coido respostar a eses mailings .
Fai un ano desenvolveuse no meu centro un proxecto sobre “Saúde Dixital; Sáude Laredo” o que se pretendía co mesmo era a desdramatización dos soportes tecnólóxicos na aula en aras á promoción de estilos de vida saudables, así mesmo enfocar o eido lúdico dos videoxogos dende unha perspectiva socio-educativa e non estrictamente hedonista e individual.
Un dos aparellos traballados era a “alfombra máxica” (dancepad), con posibilidades infinitas na aula (psicomotricidade, educación física, música…), para todas as etapas educativas.
Para mostra un vídeo:
Ao final do Proxecto (pretest-postets) pretendeuse extraer conclusións sobre como este uso dos videoxogos dende as aulas poderían modificar a percepción dos mesmos nos rapaces así como contribuir ao control e conciencia do IMC en rapaces de risco.
En fin coido que era de esperar, unha novo encerado táctil SmartBoard na que os rotus van “esvaecéndose”,un problema menos para eses centros que se paralizan no uso do EDI cando perden un, o un problema engadido para cando o perdan :).
O novo modelo SMART Board 680 Vulcan, preparado exclusivamente para o mercado português e em especial para o sector da Educação (¿¿ que mo expliquen ?? ), foi lançado recentemente pela SMART. Apresenta um preço especial de campanha de 945€ e difere dos restantes quadros interactivos da SMART Technologies por não apresentar um tabuleiro de canetas.
Vexo nunha das miñas bítaras favoritas, un video que coido que é espello nos centos educativos: necesidade de liderazgo organizativo, implicación, formación…todo da man dunha comunidade de docentes “Los Quemaos” .
Da man do noso compañeiro Ricardo e grazas a nosa lista de correo temos a seguinte información:
“Hola a todos,
Os adjunto las instrucciones para poder fabricar un proyector muy
baratito, para poder equipar un aula sin gastar locuras .
Tan pronto como localice la fabricación de ordenadores baratos os los
hago llegar. Por cierto, creo que el próximo domingo en Bricomania nos
enseñan a construir pupitres y sillas.
Ao fio do aporte do noso compañeiro Suso Lojo (Ceip de Arzúa) na lista de correo de EDIga.net, comento unha nova que fará chover rios de tinta sobre o inflamable discurso:
Aparellos TIC “lowcost vs high cost” na procura dun “right cost” ou galeguizando, a pesquisa da triple B (Bo, bonito e barato)
Noutra lista; DIM , falouse tamén longo e tendido do tema, ideas coma; usabilidade, robusted, fiabilidad, automatismos, electrodomésticos TIC, IKEA TIC, autoxestión dos centros, nivel coñecemento 0, etc…puxéronse na mesa en posturas ben diferenciadas que tiñan como punto en común o cambio metodolóxico necesario en educación.
Ultimamente se me da dado por decir en los cursos que notebook es como ikea, totalmente modular: este mp3 lo combino con esta imagen que me sirve para esta actividad. Luego pillo este flash de otra actividad y la meto en la actividad porque me combina muy bién, Todo encaja, todo funcional.