O EDI nas escolas primarias do Reino Unido.

BECTA Neste tempo de antroido e cachucha, eu aínda atópome dixerindo mais informacións que trouxemos do BETT (que vai a dar para moito). Una das mellores montaxes alí había era a do BECTA . O BECTA é a Axencia do governo británico para o impulso das TIC no ensino e o seu emprego eficaz e innovador a través da aprendizaxe.

Curiosamente unha das investigacións mais interesantes do BECTA é respecto ao EDI e o seu proxecto de expansión polas escolas de Primaria, co obxectivo xeral de determinar o impacto educativo e a eficacia operacional do proxecto de EDI nas escolas primarias identificando os beneficios de empregar o EDI nas matemáticas, a linguaxe… mesmo os beneficios de empregalo EDI con alumnos de necesidades educativas específicas de apoio educativo (SEN en inglés: Special Educational Needs)

Os cuestionarios que se pasaron polas escolas, reflicten agora en coñecer onde se atopan os EDI, cando os encendían, que mestres os empregaban, qué vantaxes notaban nas súas áreas… en fin se a lingua de Shakespeare nolo permite é un documento sen desperdicio para sacar as nosas conclusións. Para cando o BECTA galego?

Ligazón ao documento “Whiteboards summary” (pdf en inglés)


One Response to “O EDI nas escolas primarias do Reino Unido.”

  1. Mariló Says:

    Pides moito Abraham….. :-)

Leave a Reply