… de las jornadas de educación infantiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiill.
Moitas e moitos de vos xa vistes o potencial do EDI e, agora coa bombilliña prendida, so queda soltar a vosa creatividade… agardamos que fora do voso interese e, por qué non quedamos para o vindeiro II CONGRESO EDIGA?. Se tes algunha pregunta aqui estamos.
No exemplo en directo, so faltou o tapete de ganchillo e a copa de Pedro Ximénez.
Hai unhos días ofertámosvos o recurso de contares cun navegador de internet integrado no Notebook, pois ben, xa se saiu un serio competidor… a factoría de Cariño cansa dos productos estranxeiros, ven de traballar noutro navegador mais sinxelo e áxil: o “EDIGA Explorer”. Aí vai unha mostra:
Ata o de hoxe, cando estabamos no Notebook e tiñamos que ir a un enderezo web; ou ben o escribiamos o enderezo creando un vínculo nun obxecto (dibuxo, imaxe, texto…) ou ben tiñamos que minimizar, abrir navegador e ires a web desexada co que perdiamos un pouco o fío do tema que estivésemos a traballar.
Ben, pois agora con iste pequeno Flash, unha vez que o gardamos no Meu Contido, so temos que arrastralo ata a páxina do notebook, para visitar a web que queramos. Aí o vai un exemplo:
Hoxe lemos en varios xornais, a presentación dunha revolucionaria aplicación para “pizarras electrónicas” que dará maior utilidade e un impulso definitivo a miles de pizarras electrónicas nos centros de todo o país.
Desenvolveron a aplicacion porque “son poucas as aulas nas que xa se colgaron unhas modernas pizarras electrónicas que ata agora so se usaban como proxectores ou ás que se lles podía sacar un mínimo rendimento por falla de aplicacións que diran un verdadero incentivo pedagóxico a profesores e alumnos”.
Iste novo entorno, completamente interactivo e vivo, permite a creación dunha gran comunidade educativa (para mestres rexistrados) na que poderá plantexarse o debate, o intercambio de contidos, xogos e concursos na rede. Outra das súas novidades é a adaptación do entorno web de internet a este tipo de pizarras electrónicas, polo que a navegación, resulta moito mais cómoda e áxil para a clase.
Marisquiño na rede!! Aí o vai un documento que andaba por eiquí hai un tempiño pero que de seguro vos é de moita utilidade agora que andades a preparare a documentación para as actividades formativas dos vosos Centros.
Os nosos compañeiros de TADEGA veñen de publicar na sua web o Obradoiro “Emprego do Encerado Dixital Interactivo: a experiencia EDIGa”, que se presentou no pasado V Congreso Tecnoneet no evento por excelencia no canto das TIC e á Diversidade e ante cáseque 1000 asistentes.
TADEGa seguiranos a apoiar no que se precise, parabéns, grazas TECNONEET.
Falabamos noutras entradas sobre EDUSIM (agora en NING), unha entorna de traballo inmersivo que parte de enfoques constructivistas, no que como “demiurgo”, creas un mundo personalizado e lle dotas de contidos e interaccións. Mencionadas bases son cada vez máis sostidas dende enfoques máis lúdicos e sociais, eche o caso de Hangout (Second Life+MySpace+Haboo), unha entretida ferramenta coa que podes crear unha habitación, en principio, sentarte cos teus amigos e parolar …
Finalistas no TechCruch08 (referente do mundillo 2.0 e tecnolóxico, xermolo de todos os post do mundillo Copy&Paste 2.0 )
Iso sí, polo de agora entramos na “casa” Hangout con invitación, esperade un par de días.
Ao fío do tema, un interesante proxecto da nosa compañeira Leti http://facemosunhacasa.blogspot.com/