Encontro usuarios SMART Estoril: Crónica (I)

Xuño 23rd, 2008 por Felo

A primeira en actuar Judith, novidades da version 10… ohhhh, bicos dos teus compañeiros!! Ahí van dúas perlas:


II Encontro Ibérico de Utilizadores de SMART Notebook

Xuño 19th, 2008 por Felo

Pois da man dos nosos compañeiros de Portugal, teremos dúas sesións de traballo onde se abordarán as claves do éxito para a integración dos Encerados Interactivos nos centros docentes, a SMART coma ferramenta educativa, tipoloxías de traballo en necesidades educativas especiais, implementación de EDI’s, mais aló do ensino formal e o EDI no ensino do século 21.

A verdade é que moito que aprender, moito que compartir.

Programa16Jun - Upload a Document to Scribd
Read this document on Scribd: Programa16Jun

Fagamos conferencias!!

Xuño 18th, 2008 por Felo

Outra enorme vantaxe do Notebook 10, é que ista version ten integrados moitos complementos que antes viñan por separado: escaner, preguntas do Senteo, imaxes da cámara de documentos SMART, arquivos Flash, arquivos de video… e dende a ventana de benvida configurar, unirnos ou iniciar unha conferencia co Bridgit.

A verdade é que resulta extremadamente sinxelo e coido que un recurso que debemos explotar moito entre as nosas aulas, asi que… FAGAMOS CONFERENCIAS, QUEN SE ANIMA?

Ahí vai unha mostra, un curso sobre Notebook 10 no que o formador comparte o seu escritorio cos participantes… tamén ten a opcion de permitirlles tomar a eles o control… desde Alberta!!

Grazas Alejandro!!


Un escritorio pedagóxico…Earth desk!

Xuño 17th, 2008 por Abraham

Eart desk

Seguindo a Máxima Nº1 do uso do EDI da compañeira Rosa “Teras acendido o EDI as 24h” (en breve o decálogo), pois temos esta aplicación que enche eses baleiros de contidos entre as clases dunha forma dinámica…

Earth Desk e unha fabulosa aplicación que sustitúe o fondo do escritorio por un mapamundi dinámico, que amosa a evolución do día a noite, os países os nubeiros,… a tempo real!!!…cunhas posibilidades didácticas enormes.

Descargar Earth Desk


Pincel máxico

Xuño 17th, 2008 por Belen

I/O Brush é unha ferramenta de debuxo que permite explorar cores, texturas e movementos encontrados en materiales de uso cotiá, capturándoos y tendo a posibilidade de dibuxar con eles. A ferramienta semella a típica brocha de pintura, pero conta cunha pequena cámara de video con luces e sensores no seu interior. Fora do lienzo do debuxo, a brocha pode capturar cores, texturas e movementos de calquera superficie. Sobre o lienzo, os artistas poden debuxar coa “tinta” especial que acaban de recoller do medio que nos rodea.
Unha verdadeira innovación.

http://web.media.mit.edu/~kimiko/iobrush/


Encerado Infinitooooo

Xuño 16th, 2008 por iria

Da man da nosa Compañeira Belen, vía Tadega.net, coñecemos os fillos flasheros de M.C. Escher e podemos disfrutar deste recurso visual (clica neles e move o rato):

Ver/Descarga: http://www.nikolaus-baumgarten.de/zoomquilt/zoomquilt.swf

Ver/Descarga: http://zoomquilt2.madmindworx.com/zoomquilt2.swf

Cando menos hipnotizante!!!

Dende Infantil, amosasenos infinitas posibilidades: Conto infinito, relacións causa -efecto, “cadaveres exquisitos”,…para poder traballar na aula.

¿Algunha máis?
Grazas polo recurso!!!.

Máis info: http://www.zoomquilt.org/


Arrolos, cantos de berce…Rockabye baby!!!

Xuño 15th, 2008 por Abraham

Clásicos rokeiros dos 90 en versión berce; unha curiosidade máis:

U2

U2

CD de descarga

————————–

Metallica

METALLICA

Metallica

Cd de descarga

————————–

radiochead

RADIOHEAD

Radiohead

Cd de descarga

————————–

NIRVANA
Nirvana

CD de descarga

————————–

Os ramones, The cure, Bob marley… unha enchenta de clásicos do rock tamén dispoñibles pola rede .

P.D: Persoalmente os utilizamos para animacións con plastilina e danlle o pego bastante ben, en breve os alumnos de 2º suben uns vídeos. Ás veces dan máis medo que soño, vos diredes :) .


PINBAC (Pizarras Interactivas Baixo Custo) Galicia

Xuño 15th, 2008 por Suso Lojo

Xa dispoñemos da primeira PINBAC (PAntalla de Baixo Custo) galega, e dun primeiro “dosier ” que explica dun xeito moi sinxelo o seu funcionamento acompañado dun pequeno vídeo para comparar o seu grao de perfeccionamento con respecto aos demais sistemas e experiencias coñecidas.

O custo é moi axustado para un prototipo (+/- 150 €) e sen dúbida algunha a súa dependencia do Wiimote ( o mando e regreta da Wii como tal) é temporal ata que sexa posible a súa produción en serie (cos mandos e regretas propios).

Nun futuro inmediato (setembro ou outubro deste ano 2008) presentaremos en directo o seu funcionamento para aqueles mestres e centros interesados en coñecelo e experimentalo en vivo. Nesta ocasión desexamos contar coas opinións positivas e negativas, ao tempo que poderedes preguntarlle aos técnicos do Instituto Tecnolóxico tódolos aspectos e pormenores do software e hardware empregados no sistema e das posibilidades de produción e mellora do mesmo.

VIDEO

DOSSIER

pinbac - Upload a Document to Scribd
Read this document on Scribd: pinbac

Grazas pola vosa atención e polo voso tempo.


Reflexions TIC

Xuño 11th, 2008 por Abraham

Lembranzas do que aínda segue a ser o meu grupo musical preferido, extraio unhas verbas que sintetizan o uso das TIC hoxe por hoxe na docencia:

“Con suma facilidad con resta tranquilidad” (ENG dixit)

Ti que opinas? :)


Soportes para cañóns MIF

Xuño 10th, 2008 por JM Lopez

SOPORTE 1 (MEMORIA TÉCNICA)

LUGAR: E.E.I. MONTE DA GUIA
Pedro Alvarado nº47
Teis- Vigo

La pantalla se instaló anclada en la pared de un aula anclada con el soporte y dos tornillos inferiores.

EL cañón se instaló en el falso techo por lo que el tablero superior es más grande para poder anclarlo a las guias alas que va anclado por cuatro tornillos de 4×20 pasantes con sus tuercas.

Los tirantes son de varilla roscada de 60 Cm de longitud y de 8mm de diametro que van ancladas al tablero superior y al inferior por medio de tuercas lo que nos permite regular la altura y la posición del tablero inferior.

La unión del tablero inferior y el basculante se realizó por medio de bisagras en su parte trasera y en la delantera con una varilla roscada .

SOPORTE 2 (MEMORIA TÉCNICA)

LUGAR: C.E.P. SANTA TEGRA
Maceiras nº48
Teis- Vigo

La pantalla se instaló anclada en la pared de un aula anclada con el soporte y dos tornillos inferiores.

El cañón se instaló en e techo por medio de cuatro tornillos de 5×50mm embutidos en tacos plásticos.

Los tirantes son de varilla roscada de 60 Cm de longitud y de 8mm de diametro que van ancladas al tablero superior y al inferior por medio de tuercas lo que nos permite regular la altura y la posición del tablero inferior.

La unión del tablero inferior y el basculante se realizó por medio de bisagras en su parte trasera y en la delantera con una varilla roscada .

Máis info: http://www.flickr.com/photos/7818999@N06/show/with/2564264248/

MIF: Made in Feito na…