Premio Especial EDIGA “Rutinas en EI”

Premio EDIGaSon Mar, do CRA Ponte da Pedra de Carballo. Tiven a sorte de ser premiada cunha invitación ao BETT 2009, e xa me tarda irme co grupiño de EDIGA a asombrarme co que alí se expón.

O traballo presentado ten como obxectivo traballar as Rutinas en Educación Infantil a través da PDI e utilizando como software o Notebook. Teño pendiente subilo ao xestor de EDIGA, pero vai ser dificil que o faga antes do fin de semana.

Fágovos un resumo do que se pode traballar co recurso:

- As estacións, os cambios climáticos e a súa influencia nos elementos do entorno.
- O saúdo: desenvolvemento dos hábitos e convencións sociais.
- A data: os días da semana, os meses do ano,…
- Conmemoración grupal e social dos aniversarios dos compañeiros/as.
- Organización temporal da xornada: o horario.
- Autorregulación do traballo do alumnado

Actualmente estase a usar nunha das escolas e foi moi ben acollido polos os rapaces/as.

Saúdos.

Ver actividade: Premio Especial- CRA PONTE DE PEDRA: “Rutinas en EI” .

Ver documentación: MEMORIA


3 Responses to “Premio Especial EDIGA “Rutinas en EI””

  1. Abraham Says:

    Grazas polo teu material/experiencia coido que tes moito que aportar, para cando unha segunda parte das rutinas??? :)

  2. Mar Says:

    jajaa. Gracias Jefe! A segunda parte? So por volver a presenciar esa magnífica moderación da Xornada dos premios, paga a pena romperse a cabeza para facer a versión 1.2… ou xa directamente 2.0 das Rutinas.
    Saudos.

  3. Belén Says:

    Un traballo excelente Mar, as miñas máis sinceiras felicitacións!

Leave a Reply