Un gadget para a EDI?
Lembrade que sempre negarei telo mercado, regaláronmo
pero semella que pode ter proveito para o EDI. É un 2 en 1 que dispón de punteiro laser, unha antena conectada ao USB e dous botóns para avanzar ou retroceder un Word, Excel, Powerpoint, ACDSee, Website, Acrobat Reader, Notebook?, etc..
http://stores.ebay.es/tienda-price-co


Setembro 27th, 2007 at 6:36 pm
JIJIIijaijaiiajiajaijia que boa!!!! asemella a unha espada Jedi jiajiajai non me perdo verte ciscando o EDI con iso, non te perdoo un video sobre iso, non non…
Setembro 27th, 2007 at 9:53 pm
Feito!! Oes, podemos poñer unha seccion de gadgets, se o busco seguro que atopo outro que me regalaron: un quenta-cuncas para o cafe, a infusion… con conexion USB 2.0
Setembro 28th, 2007 at 4:59 pm
jaijiajijaijaia k boa…ahi tes!!! sección gadgets e aparatuquis!!!!
Outubro 18th, 2007 at 12:12 am
Podedes rir, pero nun congreso o que fun, o relator que estaba lonxe do pc movía a presentación o ritmo que falaba. Cando alguén o interrumpía, a presentación esperaba por el….eu decía: Caramba que sincronismo máis raro.
Logo me din conta que levaba un gadget como ese que describes, e o moi cuco tiña as mans metidas nos dous bolsillos da chaqueta, e dende alí dentro o manexaba.
Tiña eu un enlace dunha web de venta desos aparatuquis que le flipabas, a ver si a atopo….
Outubro 18th, 2007 at 12:20 am
Xa non existe, pero lembro a conexión co concepto “technosexual” que me sorprendera moito. Neste enlace ven moi ben explicadiño:
http://sindicato.bitacoras.com/archivos/2005/05/11/technosexual-healing
É indudable que todos os que debecemos por telo último en tecnoloxía somos un pouco así. Cando miramos esos portátiles horribles decimos aquelo de:
Unha falta de estilo imperdonable….