Xornadas “desdramatización” EDI (Vigo)

Teño visto e vivido relatorios EDI con dous persoas, tres, catro, unha ducia, dúas ducias, tres dúcias,…pero nunca vira un bis a bis dun EDI vs 250 persoas!!!.

O gallo e que se están a celebrar en Vigo (IES Politécnico) unhas macroxornadas (non por tempo senón pola inxente cantidade de xente) sobre o “fenómeno EDI” (Iker Jimenez chamarao así apartir de agora :) .

O relatorio vivido foi o pasado Luns, da man da nosa benquerida compañeira Belen Junquera (BJ, para as amizades).

BJSHOW!!! música, baile, son e creatividade…unha resposta axeitada as necesidades do momento. Risas, cercanía, complicidade e compañerismo…dentro deste entorno falabase do EDI; unha mera escusa. Así pois a nosa compañeira lidou cun público entregado polo fenómeno, 4 horas de tirón!!!.

Cartafoles, anotacións, preguntas, repreguntas,…e faladoiros espontáneos polo baixiño altamente enriquecedores para todos/as, xérmolo da cooperación: “¿e ti de onde ves?, ¿e como dis que fas iso?, ¿pasame o teu mail?, ¿estamos en contacto?”

O Formato das Macroxornadas, técnico-práctico, ao meu parecer, non todo o axeitado que debería para un público tan numeroso ¿Quizais unha rolda de experiencias con relatores de todo tipo?, ¿organizado por temáticas?, ¿Máis aspectos organizativos, os cales supoñen o 80% do uso deste soporte en centros onde a ratio do EDI con normalidade é de 1/200 alumnos/as?…

…ás veces esqueciaste un de estar nun auditorio con 200 e pico persoas e gran parte do éxito de esa sensación debíase a frontwoman que micro no peito facía e desfacía, “dramatizaba” os contidos e desdramatizaba o fenómeno EDI.

Parabéns!!!

P.D: A presencia de Elmo neste post?…iso mellor llo preguntades a devantida :P (Premede sobre as partes do corpo)


4 Responses to “Xornadas “desdramatización” EDI (Vigo)”

  1. Loaira Says:

    Enhorabuena Belén!
    ooooooooooooh! Me encantaría verte en acción.
    Traduce esto: Bon tu bien de découvrir mon surnom.
    Un abrazo.

  2. Belén Says:

    GRAZAS!!

  3. Loaira Says:

    Por cierto viens no bien, venir je venais de dormir, c’était trop tôt !!!

    Maintenant il manque une vidéo pour te voir en action puisque je ne peux pas y aller. Bisous.

  4. Mariló Says:

    Mujeres trabajadoras….creativas e innovadoras…..como dice una canción “mueven el mundo….”.

    al ritmo de elmo, al ritmo que ellas toquen…. :-)

Leave a Reply